S?bado, 10 de Novembro de 2007
BEIRASAR ROSAL?A 86-78 TENERIFE RURAL
Imagen
[LEER EN CASTELLANO]

-> Brad Oleson (16+11), Curtis Bobb, Edwards e a defensa de Ramsdell sobre Barbour, os mellores.
-> O Rosal?a mandou sempre no marcador, e defendeu forte atr?s cando o partido peloigrou.
-> O rebote, unha vez m?is, o tal?n de aquiles compostel?n.


As circunstancias eran complicadas. O equipo chegaba tocado psicol?xicamente o partido tras d?as derrotas pola m?nima, e f?sicamente, coas lesi?ns de Fontet e, a ?ltima hora, de Flinder Boyd, o base titular. Pero o gran problema estaba enfrente: non lle tocaba o Rosal?a lidiar un partido facil, todo o contrario, xogaba ante un dos favoritos para estar arriba, o Tenerife Rural. O complicado calendario, que o levar? nas vindeiras xornadas a enfrontarse ante Bruesa e CAI, probablemente os dous mellores planteis da categor?a, fac?an adem?is o partido de onte coma clave pois, de perder, un parcial de 0-3 e o perigo de irse ata o 5-5 total nas vindeiras xornadas fac?a que o partido, pese o excepcional comezo de tempada, se presentase coma un partido de urxencia.
Pero non fallou, sobrep?xose a t?dolos factores, realizou o millor partido da tempada e ga?ou con solvencia ? conxunto canario, sin que esto signifique que os visitantes non tivesen opci?ns de levarse o partido no derradeiro cuarto. E non sabemos si, polo nerviosismo da importancia do partido, como an?cdota desagradable, os medios da prensa (escrita e oral) non se encontraron coa mesa de prensa que adoita a estar. Un descuido desconsiderado por parte do clube e do propio Multi?sos, que esperemos non se repita (e digoo coma afeccionado, pois nin son acreditado nin te?o acceso a zona de prensa, evidentemente, son un simple socio e non son un damnificado directo). Coido que era importante dicilo para tratar de correxilo. Dito xa, vamos co partido:
De entrada, F?lix Mu?oz sab?a da importancia de parar a Barbour de entrada, e por iso puxo un quinteto inicial desco?ecido coa sorpresa de po?er 3 grandes e emparellar a Ramsdell coa estrela dos de blanco. Era arriscado (m?is se temos en conta a baixa interior de Fontet) pero saliu cara: Barbour foi espectacularmente tapado no primeiro cuarto polo americano, non conseguiu anotar e foise do partido, descentrouse a causa da desesperaci?n e rematou firmando un pobre 2/12 en tiros de campo. Con eso, o Rosal?a ti?a en teor?a o partido encami?ado, pero hab?a que conseguilo na pista. E a eso comezou. A primeira canastra do partido foi local, de Edwards. Co 4-2 un triple e Guaita pu?a por riba ao Tenerife por primeira e ?nica ves do partido, pero os compostel?ns encadeaban despois un 11-0 de parcial que obligaba a Rafa Sanz a pedir o primeiro tempo morto. Tras este tempo morto o conxunto visitante reaccionaban e freaba o ritmo dos colexiais e po??a de sa?da un o 17-13. O final deste periodo o electr?nico sinalaba un 26-21 que non satisfac?a de todo a ning?n dos dous equipos. A historia recordaba demasiado o partido de Lleida, e o exame era saber si esta vez o Rosal?a consegu?a aguantar os cuartos centr?is como lle pasara nos derradeiros partidos.
Non ocurriu, o Rosal?a sa?a a morder no segundo cuarto e mesmo consegu?a ampliar vantaxes, chegando en ocasi?ns os dez puntos de vantaxe. Reaccionou e pouco a pouco achegouse o Tenerife, que cun triple de Fran Sanchez po??ase a dous, pero catro puntos de Edwards que pechaban o cuarto permit?an o Rosal?a irse o descanso con 46-40.
O terceiro cuarto foi, se cabe, o millor. Xa de sa?da o Rosal?a mancaba a moral canaria e mediado o cuarto chegar?a a vantaxe m?xima do partido, 16 puntos. O Tenerife mant??ase no partido grazas ao pequeno f?o do claro dominio reboteador (se ben defensiva e ofensivamente Monta?ana e Edwards superaban aos canarios) e a inspiraci?n por rachas de homes coma Fran Sanchez (que anotou dous importantes triples moi longos) e, sobretodo, de Edu S?nchez e Fotios Lampropoulos. Grazas a esto o derradeiro cuarto manti?anse as opci?ns tinerfe?as, se ben o Rosal?a ti?ao todo a favor.
No derradeiro cuarto o Rosal?a chegaba a irse aos 15 puntos e parec?a finiquitar o partido, pero o Tenerife sacaba toda a casta que ti?a e aproveitaba o momentaneo desconcierto local, pagaba a Rosal?a coa misma moeda que ?ste utilizou en Lleida e La Palma pero, ao igual que o Rosal?a nestes partidos, non conseguiu culmina-la remontada. A falta de 3 minutos o Tenerife consegu?a reducir as vantaxes a 4 puntos (82-78), e F?lix Mu?oz ped?a un tempo morto para pedir tranquilidade e rigor defensivo os seus. Funcionou, o Rosal?a apretou os dentes e deixou a Tenerife sin anotar en estes 3 minutos, aumentando t?midamente a vantaxe ao final, ? que se chegar?a con merecid?sima victoria local ante un Tenerife que da un paso atr?s nas s?as aspiraci?ns de seguir conectado e preto do primeiro posto da taboa. O Rosal?a consegu?a vencer a un Goliat en forma, consegu?a o m?is dificil todav?a. E toca viaxar a Illumbre, a xogar ante o l?der en solitario, Bruesa GBC, onde Rosal?a, esta vez sin urxencias, non renuncia a dar unha nova sorpresa e un paso m?is.


- ESTAD?STICAS (FEB).
- Videoresumen TVG (Telexornal)

Publicado por fibergran @ 17:16  | Cr?nicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios