Xoves, 08 de Novembro de 2007


Tras d?as derrotas consecutivas, ambas, eso s?, pola m?nima, o Rosal?a recibe a visita do potent?simo Tenerife Rural para intentar rachar coa racha negativa e volver a senda do triunfo. Ser? complicado, por que en frente est? un dos favoritos para loitar polo ascenso a ACB, categor?a que perdeu xa hai 3 temporadas e, tras dous anos en terra de ningu?n, busca volver a m?xima categor?a do basket nacional.
Para iso os canarios optaron por manter a varios xogadores do pasado ano, liderados polo todoterreno Antwain Barbour, pero fichar ata sete xogadores novos. As?, o Tenerife, dirixido un ano m?is por Rafa Sanz, completou un plantel temible que comezou a tempada realmente en forma. No posto de base Eduardo Sanchez levar?, un ano m?is, a batuta, acompa?ado polo ex-Pamesa Pedro Llompart, que sempre se mostrou coma un xogador clave na LEB e destaca coma bo lanzador. Samuel Albertos, xoven promesa local, busca esta tempada oportunidade de conseguir minutos na liga LEB. No per?metro destaca a xa comenada presencia de Antwain La?Mar Barbour, l?der indiscutible do equipo que est? ante o ano da s?a consagraci?n. Tam?n deber? ter ollo con Fran S?nchez e Jos? Iv?n Rodriguez, outros excelentes lanzadores dende os 6,25. No interior, Diego Guaita, tras unha excelente tempada en Ourense, estase a mostrar sin problemas de adaptaci?n a nova categor?a e manten guarismos similares os que o fixeron home destacado da LEB 2. Neste aspecto, a zona canaria ? sen d?bida a que m?is cambiou dende o pasado ano, cos fichaxes de Chris Alexander, un home que parece que est? a ter certas dificultades para manter a categor?a, Kirl Waschmann, que ven de facer unha boa tempada en La Palma, Joseph Lewis, que case alcanza o ascenso con Cantabria, e Fotios Lampropoulos, destacado en L?Hospitalet o pasado ano.
No apartado de baixas, s? hai, a priori, unha que lamentar: a xa co?ecida de Albert Fontet. Flinder Boyd, que acendeu t?dalas alarmas en La Palma tras lesionarse nos quecementos. Tras adestrar co grupo dende o m?rcores, todo indica que poder? xogar sin problemas. Adem?is, ag?rdase que Corsley Edwards, que xa fixo un bo partido en La Palma, est? por fin o 100% c?modo nos sistemas de F?lix Mu?oz. O Tenerife, pola s?a parte, poder? contar con t?dolos seus xogadores.


Enfrontamentos previos [2-6]

Ata 8 veces, 4 tempadas, se encontraron Rosal?a e Tenerife. Todas elas na liga LEB pois, pese as diferentes traxectorias que levaron os dous equipos nos derradeiros anos, sempre que o Rosal?a estivo na liga LEB os canarios disputaron esta misma, iso s?, sempre con aspiraci?ns diferentes (de feito, tras 4 anos na LEB, a tempada 02-03 supuxo o ascenso canario e descenso galego). S? d?as victorias compostel?ns en estos oito partidos, unha en Santiago e outra en Santa Cruz de Tenerife. Estos son os enfrontamentos:
TEMPADA 1999-2000 (0-2)
Xornada 04 Tenerife Baloncesto 82-74 Ulla O?l Rosal?a
Xornada 27:Ulla Oil Rosal?a 82-87 Tenerife Baloncesto
TEMPADA 2000-2001 (1-1)
Xornada 09: Rosal?a de Castro 70-84 Tenerife C.B.
Xornada 24: Tenerife C.B. 76-86 Rosal?a de Castro
TEMPADA 2001-2002 (1-1)
Xornada 07: Ulla O?l Rosal?a 84-76 Tenerife Baloncesto
Xornada 22: Tenerife Baloncesto 99-70 Ulla O?l Rosal?a
TEMPADA 2002-2003 (0-2)
Xornada 11: Unelco Tenerife 73-50 Ulla O?l Rosal?a
Xornada 26: Ulla O?l Rosal?a 77-84 Unelco Tenerife


ESTAD?STICAS TEMPADA (FEB.es):

- BEIRASAR ROSAL?A (6? clasificado; 5-2 /// 77.6 pts a favor; 75.6 pts en contra, 29.3 rebotes por partido)
- TENERIFE RURAL (5? clasificado; 5-2 /// 87.6 pts a favor; 83.4 pts en contra, 32.1 rebotes por partido)

Pavill?n: Multi?sos Fontes do Sar
Hora: 21:00

TV: -
Radio:: Imagen; Imagen (106.1 FM)
Internet: Imagen
Publicado por fibergran @ 11:25  | Previas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios