Domingo, 25 de Maio de 2008
BEIRASAR ROSALÍA 72-73 BRUESA GBC
(PLAY-OFFS 1/4F: 2-0 BRUESA+FEB)


As imaxes dos segundos despois da non-canasta de Hopkins explican perfectamente o sentir da afección do Rosalía. Oleson, afundido, no chan, Félix pedindo explicacións, Legasa ou Ramsdell chorando de rabia e impotencia, o público aplaudindo ata 5 minutos a un equipo do que se sinten orguiosos, e o Bruesa e mailos árbitros correndo cara os vestiarios. Unha medida intelixente, por que, cando realizas un atraco a man armada, o millor que podes facer é fuxir do lugar do delito antes de que chegue a policía. Ben é certo, tamén, que neste caso, coma ocorre nas grandes películas de gangsteres e mafiosos, a policía (personificada no gran lider da Federación, Jose Luis Sáez) semella estar a morte cos infractores.


Por que se pode perder, pero non asi. Onte 9 homes plantaron cara a 12. Realizouse un partido serio, moi serio. Con erros, claro, pero con moitos acertos, levouse ata o límite ante un rival que cuadruplica o noso presuposto e... gañouse. A falta de 3 segundos, unha maxistral canasta dun espectacular Rogelio Legasa, puña a Rosalía 1 punto por riba. Unha falta de Dedas deixaba a Bruesa con só 44 décimas para facer xogada. O Rosalía cobre o posible palmeo, única opción que lle queda a Bruesa. Para nada. Coma se souberan que tiñan os de roxo da sua parte, Bruesa permitiuse xogar con calma. Balón a zona, Hopkins colle a bola no aire, cae, pivota, salta en suspensión e anota a canasta. O partido finalizara hai xa 1 segundo, pero os incompetentes (ou polo contrario, moi competentes, facendo o que tiñan que facer, coma alumnos ben adiestrados) de vermello baixaban os dous dedos, sellando o atraco. No fondo, que entrase ou non era pouco importante. Si o aro escupise a bola, probablemente sinalasen unha inexistente falta, ou no millor dos casos, xa lle regalarían a clasificación en Illumbre.

O Bruesa clasifícase a Final Four de Cáceres. Dun xeito deshonroso, pero clasificase. Rosalía firmou a acta baixo protesta, pese a saber que, si nunca serve de nada, menos agora.

O Rosalía, pola súa parte, despídese dun ano máxico prometendo continuidade e enganchando á xente. Vanse coa cabeza ben alta. Pese a derrota, coa cabeza moito máis alta que os donostiarras, que fuxiron con increíble velocidade co botín recién roubado (pese a todo, Felix e os seus homes, nun xesto de señorío que non está o alcance de todos, foron o vestiario visitante a felicitarlle pola clasificación). E dende logo, coa cabeza moito máis alta que os dous árbitros, tal vez incompetentes, tal vez mera marionetas, que fixeron, probablemente (e a vista de que xa en Donosti o arbitraxe foi un escándalo, do mesmo modo que a Alacante lle regalaron o primeiro partido ante Los Barrios), xusto o que tiñan que facer. O líder Sáez estará, de seguro, moi orguioso dos seus pupilos.


PARA LEERLO EN CASTELLANO PUEDES USAR EL TRADUCTOR OPENTRAD DE LA UNIVERSIDADE DE VIGO

Publicado por fibergran @ 8:04  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios