Mércoles, 21 de Maio de 2008
BRUESA GBC 76-67 BEIRASAR ROSALÍA
(PLAY-OFFS 1/4F: 1-0 BRUESA)

O Beirasar volveu a estar enorme onte, volveu a ser o equipo de principio de tempada, capaz de plantarlle cara a calqueira, por máis que o triplique en presuposto e efectivos, un equipo que asusta, que gusta e que se gusta. Desgraciadamente, só o foi durante 32 minutos, e os 8 restantes bastáronlle a Bruesa para decidir o partido e o primeiro punto da eliminatoria, e alonxar un pouco o soño de Cáceres para o conxunto compostelán.
E iso que o Bruesa saliu a cancha disposto a demostrar quen mandaba sobre a cancha. O Rosalía mantiñase no partido e en ningún momento se deixou superar con claridade polo conxunto local, o que lle permitiu, cun bo segundo cuarto, chegar en tablas ó descanso (35-35), causando dúbidas nos 7000 afeccionados que se deron cita en Illumbe.
Chegaba así a fase decisiva do partido co Rosalía coas opcións intactas e sabendo, con máis claridade que nunca, como facer dano o conxunto local. Tras unha primeira parte do cuarto igualada, o Rosalía conseguía acadar a máxima vantaxe do partido, os 5 puntos, cunha tripla de Ramsdell. Sen embargo, inmediatamentedespois o Bruesa acadaba un parcial de 5-0 que igualaba o partido, e o árbitro era quen de, a tan só 2 metros da xogada, inventarse, con gran derroche de imaxinación, a cuarta falta de Oleson, que ía o banco para non volver ata o derradeiro cuarto. Para clmo, minutos despois chegaba a cuarta de Monty, deixando máis coxo que nunca o conxunto colexial. Pese a todo, o Rosalía seguía plantando cara a Bruesa e nos instantes finais de cuarto conseguía irse os derradeiros 10 minutos con vantaxe no marcador, por 55-59, cun parcial de 5-10.
Pero todo o traballo se esfumaba a saída do derradeiro cuarto. O Rosalía perdía o balón no saque, e o Bruesa encadenaba un 8-0 de parcial. Ahí rematou o partido. O Rosalía deixou de crer nas súas posibilidades. Seguiu loitando, pero sin cabeza, e sin fé. Nos primeiros 8 minutos de cuarto só conseguiu 2 puntos (remataría o cuarto con 8). Mentres tanto, o Bruesa conseguía ir escapando pouco a pouco. Cando o Rosalía volveu a anotar, a diferencia era xa de 8 puntos a falta de tan só 2 minutos de xogo. Seguiu loitando o Rosalía, que tras un tempo morto de Félix volveu a crer en sí mesmo e apelou a épica, pero era demasiado tarde. A falta de 44 segundos, e 4 abaixo no marcador, o Rosalía conseguía roubar un balón que podía volver a darlle opcións reais de levarse o partido, pero se antes faltaba fé, agora faltaba asiedade. Gio Dedas precipitábase nese ataque e erraba un lonxano triple. Era o fin do partido. Xa co partido sentenciado, Bruesa conseguía amplia-la vantaxe a 9 dende os tiros libres, poñendo no electrónico un marcador que non indica a diferencia real do visto na cancha. Unha derrota dolorosa, por que non se pode evitar a sensación de que con moi pouquiño máis se podía ter sacado, e estar hoxe preto de Cáceres, pero unha derrota digna, coa cabeza ben alta, dun equipo que volve a ser o que tanto gustou na primeira parte da liga.

Felix, moi enfadado coa parella arbitral
En toda a tempada non habiamos visto a Félix Muñoz tan enfadado coa parella arbitral coma o estivo onte. Pese a non querer adicarlle máis que dúas frases, estas foron perfectamente significativas: "Prefiero no hablar de los árbitros. Estoy muy enfadado. Lo que pasa con los colegiados se queda sobre la cancha, prefiero no decir nada. La diferencia de tiros libres ha sido muy importante. Ellos han tirado 38 y nosotros 16. Además, creo que la cuarta falta de Oleson no existió".

Publicado por fibergran @ 4:59  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios