Mércoles, 21 de Maio de 2008

Comentaba que informaría do Campionato Junior Feminino se me daba tempo a pasarme, que unha oportunidade así non se deixa ver moito nesta cidade, e efectivamente, nesta primeira xornada houbo sorte e servidor puido achegarse pola tarde ata Santa Isabel para ver os partidos dos dous conxuntos galegos clasificados para esta competición (a xornada matutina non irei, temo, en todo o campionato). E servidor puido ver moito futuro, calidade nas rapazas... sobretodo, de Las Palmas de Gran Canarias. Xa se comentaba polo pabillón o alto nivel mostrado na xornada da mañá de outro equipo canario, o Uni CajaCanarias tinerfeño, pero o das xogadora do Gran Canaria, que xa hoxe comezou a exercer coma favorito, foi un paseo militar, unha verdadeira exhibición ante un Cía María que, desgraciadamente, nunca conseguiu entrar no partido, abrumado pola superioridade "visitante". Xa no primeiro cuarto (único no que o Cía María superou os 10 puntos), o Gran Canaria conseguira máis puntos dos que as viguesas conseguiron nos corenta minutos de xogo. Realmente importante que as viguesas non lle perdan a cara o campionato, que acaba de comezar. Gran Canaria xoga noutra liga e unha derrota amplia hoxe era perfectamente previsible. Tocará, coma era de agardar, xogarse a cara ou cruz a segunda praza ante San Isidro, salvo que éste consiga dar a sorpresa ante as canarias mañá. Non moito que dicir sobre as xogadoras a destacar, por que por Canarias todas merecen reseña, pero se cabe valga destacar por riba a número 19, Vanesa Doukole, con 26 puntos, 40 rebotes e 72 de valoración, e a Leonor Rodriguez, dorsal 4, con 40 puntos e 59 de valoración.

Xusto antes á AD Cortegada de Vilagarcía perdía nun partido moito máis axustado ante o CB Majadahonda madrileño. Pese a superioridade madrileña, as xogadoras do Fundiciones Rey nunca lle perderon a cara o encontro, mesmo foron por riba todo o primeiro cuarto, alcanzando ata os 10 de vantaxe (33-27 o descanso), pero tras 30 minutos moi igualados (49-49), o Majadahonda daba un arreón final que as de Vilagarcía non puideron seguir, rematando por perder cun resultado máis abultado do que resultaría xusto. As de Vilagarcía xogarán mañá, sen marxe de erro nin de descanso, o partido decisivo fronte as donostiarras do Bera Bera.

XORNADA DE HOXE (pulsa o resultado para acceder as estatísticas):

Grupo A: Ciudad Ros Casares 68-69 CBF Sarriá

Grupo B: Helios Mann Filter 40-62 Uni CajaCanarias

Grupo C: Fundiciones Rey 61-78 CB Majadahonda

Grupo D: Gran Canaria La Caja de Canarias 128-34 Cía María Vigo

 

XORNADA DE MAÑÁ (Mércores 21)

10:00 Ciudad Ros Casares - Basket Mar Grupo (Grupo A)

12:00 Helios Mann Filter - Oaxaca Antequera CB Guindós (Grupo B)

16:30 Fundiciones Rey - Bera Bera RT (Grupo C)

18:30 Gran Canaria La Caja de Canarias - San Isidro Covipro (Grupo D)


Publicado por fibergran @ 4:31  | Máis baloncesto
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios