Sábado, 17 de Maio de 2008

Hoxe, sábado, día post-partido, o lóxico sería, tal vez, falar do partido de onte en La Laguna. Derrota de 8 puntos, deixando escapar un average que non tiña demasiada importancia, entre un equipo que se xogaba os play-offs e outro que non se xogaba nada e deu minutos os menos habituales, deixando descansar e sin forzar a xogadores con molestias.
O único interesante da xornada de onte era saber con quen quedariamos emparellados nos play-offs. Finalmente, coma oitavos clasificados, o rival nesta primeira experiencia do Rosalía na fase de ascenso será o Bruesa Guipúzkoa Basket, equipo recién descendido, coa obriga de ascender, pero o preferido no seo do conxunto colexial.
Tal vez nesa tranquilidade poidan esconderse as pequenas posiblidades do Rosalía de da-la campanada e colarse en Cáceres: mentres que o Rosalía xa cumpliu, con notable alto, polo menos, os obxectivos da campaña, o Bruesa GBC non conseguiu cumplir o primeiro obxectivo, o ascenso directo, e si non ascender sería un fracaso para o conxunto de Pablo Laso, quedarse fora da Final Four de Cáceres sería, directamente, un absoluto desastre.
Evidentemente, pese a todo, Bruesa é o evidente favorito para chegar a Cáceres. Nas filas do Bruesa GBC figura o xogador máis valorado da tempada, Andu Panko (21,88), se ben terá que verse as caras ante o segundo nesta clasificación, quen si non, o grandísimo Brad Oleson (21,00). Na tempada regular, o Rosalía non foi quen de vencer en ningún dos dous partidos, se ben ambos se decidiron no derradeiro minuto, caendo de 9 puntos en Illumbe (96-87) e estando moi preto da victoria no Multiusos do Sar, onde, tras un gravísimo (bochornoso) erro de Wilborn, o Rosalía non era quen de forzar a prórroga e perdía por 88-90. Esta igualdade fai pensar que o Bruesa non se permitirá o luxo de caer nun exceso de confianza e, en calqueira caso, que poderemos ver un partido de poder a poder.

Estos foron os números de ambos equipos na tempada regular:
Comparativa Bruesa-Rosalía

Comparativa Bruesa-Rosalía




                 
                  
 
               

  
 



  





















Publicado por fibergran @ 20:07  | Previas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios