Martes, 13 de Maio de 2008


Santa Isabel está a vivir un Mayo adicado de cheo ó Baloncesto Feminino. Se o primeiro fin de semana poidemos vivir a Fase de Ascenso a Liga Feminina, na que o Pío XII caía nas semifinais, o recinto compostelán prepárase agora para acoller outras dúas citas importantes para o baloncesto feminino.
A primeira é unha cita moi agardada por gran parte do deporte galego. Por primeira vez as tres nacións do Estado xogarán entre sí un triangular nunha festa que se deu en chamar o I Torneo das Nacións, que nace do acordo das tres federacións de baloncesto e que se pretende establecer coma cita anual. A gran tradición galega no baloncesto feminino promoveu que o debut nesta categoría se dese na nosa terra, sendo Santiago, coma capital galega, e facendo coincidir a final cun día tan destacado coma o 17 de Maio, o lugar e data elixidos pola FEGABA e a Xunta de Galiza para a súa celebración (o Torneo Masculino xogarase en Catalunya, a principios do mes de Maio). Cabe destacar que as selección de Galiza, Euskadi e Catalunya uniraselle nesta primeira edición a selección de Portugal.
Cabe destacar que na lista do combinado galego, na que falta Tamara Abalde, concentrada coa española, o Pío XII, con 3 xogadoras, é o clube que máis mulleres aporta a selección (ademáis de aportar unha, Mar Xantall, a selección catalana, pola que por certo estará en Santiago unha das grandes estrelas do basket feminino estatal, a ex-WNBA Marta Fernandez):
BASES
Marta Cobián (Arxil Comervia / LF2)
Lidia Gesteira (Caja Rural Verona Norte / LF2)
ALEROS
Sara Gomez (Extrugasa / LF)
María Aránzazu (Rivas Futura / LF)
Isa Suarez (Pío XII / LF2)
Regina Gomez (Durán Maquinaria Ensino / LF2)
Mónica Jorge (Celta Vigourbán / LF e 1ª Nacional)
PIVOTES
Ana Román (Pío XII / LF2)
Elena Sanchez (Pío XII / LF2)
Susana Senra (Alcobendas / LF2)
Natalia Soage (Arxil Comervia / LF2)
Candi Navarro (Biurrarena UPV / LF2)


CALENDARIO:
Venres, 16 de Maio
18:00 Catalunya-Portugal
20:00 Galiza-Euskadi
Sábado, 17 de Maio
17:30 3º e 4º Posto
19:30 Final

Por outra banda, un fin de semana despois do Torneo das Nacións se desputará en Santiago o Campionato de España Junior Feminino, que, si hai tempo, seguirei de cerca, e falarei máis a diante polo míudo. Polo de agora só dar a lista de equipos que virán a Santiago, entre nos que non puido clasificarse ningún equipo compostelán, pero no que sí poderemos ver a 2 conxuntos galegos:

CONFERENCIA NORTE (Intersector: Valladolid)
1º: Compañía de María (Vigo)
2º: Basket-Mar Grupo (Gijón)
3º: San Isidro Covipro (Valladolid)
4º: Fundiciones Rey (Vilagarcía)
CONFERENCIA ESTE (Intersector: Viladecans)
1º: Helios Mann Filter (Zaragoza)
2º: CBF Sarriá (Barcelona)
3º: Bera Bera RT (Donosti)
CONFERENCIA CENTRO (Intersector: Arganda del Rey)
1º: Ciudad Ros Casares (Valencia)
2º: CB Majadahonda
CONFERENCIA SUR (Intersector: Pto de Sta María)
1º: Gran Canaria La Caja de Canarias (Las Palmas de G.C.)
2º: Uni CajaCanarias (S.C. de Tenerife)
3º: Oaxaca Antequera - CB Guindós


Publicado por fibergran @ 4:56  | Máis baloncesto
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios