Luns, 12 de Maio de 2008


Vanse, sí, se non o remedia unha milagre, desta liga LEB Ouro na que levan ivindo, practicamente dende a súa fundación (coa única ausencia da breve experiencia ACB). O ascenso do Ciudad de Huelva fora naquela primeira edición da categoría, histórico, e profundamente meritorio. Pero o feito esta temporada polo plantel do CB Ciudad de Huelva non é menos meritorio.
Dende os primeiros meses da competición, o plantel do Ciudad de Huelva comezou a ter problemas para cobrar as súas nóminas. Antes de Decembro, o equipo xa se lle adeudaban 2 mensualidades. ¿Mala planificación?. ¿Incumplimento por parte dos patrocinadores?. ¿Un equipo tratando de vivir por riba das súas posibilidades?. Descoñezoo, pero a realidade é que o plantel non cobraba. A situación volvíase por momentos insostible, e, pese a todo, o Ciudad de Huelva seguía dando unha imaxe máis que digna. O gran planel configurado, unido os problemas económicos, supuxo que os xogadores foran deixando a disciplina onubense a medida que a tempada avanzaba. A súa estrela, por exemplo, marchou cara á ACB co obxectivo de axudar o Estudiantes a salva-la categoría, e co mesmo obxectivo, Fede Van Lacke era o derradeiro en marchar, desta volta a Granada.
Os xogadores do Ciudad de Huelva seguían sen cobrar, e así seguen a día de hoxe, pero ademáis, a situación deportiva é límite, con só 8 xogadores en plantel, e os problemas de lesións comezaban a facer mella. A Santiago, por exemplo, o equipo chegaba con só 7 xogadores o partido, con Onyekwe tocado, e pese a que todo foi antes da marcha de Van Lacke. Pero xa nese partido vimos o que foi tónica constante nesta segunda volta. O que en case calquer outro caso sentenciaría a un equipo como, polo menos, claro candidato o ascenso, esto non sucedeu en Huelva, que a base de casta e orgullo, cun vestiario únido, un adestrador de categoría, unha capacidade de sacrificio impresionante e, perdoeseme a expresión, moitos collóns, o equipo andaluz sacou adiante partidos que nunca se pensaría e deu a cara en todos e cada un.
O pasado sábado xogábase o que, probablemente, fose o derradeiro partido de LEB Ouro na Cidade de Huelva (entendase, por un tempo), e ahí alcanzouse o máis dificil todavía. O Ciudad de Huelva, con só 7 xogadores nas súas filas (dous deles tocados, que non poideron xogar máis de 20 minutos), enfrontábase o Basquet Alcudia (antiguo PAM), que xogaba un partido clave para salvarse, e conta nas súas filas con homes da categoría de Therrell, Rejón, Kornegay ou Jarrius Jackson. O equipo onubense era quen de sacar adiante o primeiro tempo con 10 puntos de vantaxe, pero eran remontados no terceiro cuarto. Semellaba que os locais se lle remataba a gasolina. En absoluto, pese o precario da situación, os sete xogadores do Ciudad de Huelva conseguían forzar unha prórroga... e outra... ¡¡¡e outra!!!. Pero o millor estaba por chegar, tras 55 minutos de xogo, con só 7 xogadores, un descalificado polas faltas, 2 homes tocados, 5 por riba dos 40 minutos xogados... ¡o conxunto onubense era quen de regalarlle, a súa afección, unha derradeira victoria!.
O CAI ascendeu con autoridade, haberá outro ascenso por chegar, Rosalía conseguiu o play-off con 4 xornadas de antelación sendo recién ascendido e co presuposto máis baixo da categoría, La Laguna podería conseguir facelo o Venres, La Palma resurxiu das súas cinzas e pasou de estar a 6 victorias da permanencia a chegar a derradeira xornada con problemas... e sen embargo, para moitos, a hazaña da temporada sucedeu o pasado Venres, no Palacio dos Deportes de Huelva, e con 8 homes (incluíndo a Jose Luis Rodriguez, que demostrou como plantexar unha temporada con... medio equipo) como únicos protagonistas. Por eso o Ciudad de Huelva, e non outro, máis cercano, poderoso ou cun éxito maior, ocupa a primeira entrada deste blog que non ten a un clube compostelán como protegonista.
Dende Santiago, felicidades, e moita sorte.


PARA LEERLO EN CASTELLANO PUEDES USAR EL TRADUCTOR OPENTRAD DE LA UNIVERSIDADE DE VIGO


Publicado por fibergran @ 5:13  | Máis baloncesto
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios