Sábado, 10 de Maio de 2008
BEIRASAR ROSALÍA 64-93 LEITE RÍO BREOGÁN

-> O Breogán foi netamente superior a un Rosalía sin opcións.
-> O Sar rexistrou a millor entrada do ano; máis de 3000 persoas.
-> Só Oleson, que non rematou o partido, se salva no Rosalía.

É curioso que tras tanto tempo sen escribir, coincida a volta xusto no derbi galego, o mesmo punto onde o deixei no seu día. Foi, eso sí, un derbi sen historia. O Beirasar Rosalía non chegaba no millor momento o partido ante Breogán, con baixas moi importantes, as de Montañana e Sandi Cebular, tras un mal resultado ante Alacante, e ante un equipo que aspira a todo coma o lugués.
Apelábase a épica, a conseguir un gran cheo nas gradas do Sar, pero só esto segundo (máis de 3000 persoas, 4000 segundo a FEB) puido cumplirse. O Breogán saía de entrada disposto a rachar o partido e non tardou en comenzar, mentres que o Rosalía, o que non lle saía nada, limitabase a ser mero espectador do espectáculo breoganista. No primeiro cuarto Fontet se enchía de faltas mentres que o Breogán campaba as súas anchas na zona santiaguesa. Tónica que non variaría en todo o partido e que foi acrecentándose a medida que os problemas de faltas deixaban cada vez máis manco o xogo interior do Rosalía (con Fontet facendo a cuarta no 3º cuarto, e Wilborn restando máis que sumando, coma case sempre). A retirada de Oleson por lesión terminou de permitir a Breogán firmar un resultado de escándalo, pero o mago de Alaska marchaba o banco cando o partido estaba, con todo, xa totalmente decidido e sen capacidade de reacción. Polo menos, o de Alaska non está lesionado de gravidade e todo parece indicar que poderá xogar ante La Laguna (co séptimo posto en xogo, pero xa matemáticamente nos play-offs), e, en calquera caso, estará, seguro, nos play-offs polo ascenso que poderían asegurarnos alomenos 2 derbis galegos máis.
En calquera caso, un partido sen historia, un Breogán grande, que da un golpe na mesa, e un Rosalía que nunca encontrou resposta a superioridade lucense.


Publicado por fibergran @ 0:29  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios