Venres, 09 de Maio de 2008

CB Pío XII


Retomo o blog moito, moitísimo tempo despois. Non sei por qué, hoxe apeteciame. Non creo que sexa capaz de manter a periodicidade semanal coma antes, pero bueno, fareino, aínda que sexa, por gusto e amor o basket e o Rosalía. Tampouco se verán os links a BasketMe coas crónicas en castelán pois, debido ó evidente falta de tempo e, en menor medida, de ganas de escribir, deixei de escribir na páxina destes cracks, que pese a todo sigo lendo (e, si o teñen a ben, non descartaría recoller máis adiante, se se chegase a da-lo caso). Tal vez a estrea, inminente, da web oficial do clube, me animase, tamén, a retomar esto, e reorientalo coma un blogue máis libre que antes, agora que por fin a web oficial ven a cubrir o oco que o principio, só o principio, este blog trataba de cubrir (enténdese, un pequeno anaco do oco, claro).
Non obstante, o primeiro artigo do blog (como proba da nova filosofía, máis livre, do blog, jejeje) trala volta non é do clube azulón. O primeiro artigo da volta é para felicitar o CB PIO XII, a tódalas rapazas que o integran, e a todos a todas @s que, dende a sombra, fixeron posible todo esto. Por que dícía que o nacemento da web oficial me impulsara a retomalo, pero falar destas rapazas, do seu esforzo e humildade, tamén me anima a facelo.
Non puido ser. Non se pode pedir moito máis. O Pío conseguiu facerse coa primeira praza na primeira xornada e non a soltou endexamáis. Conseguiron logo, realizar unha fase de ascenso espectacular, conseguindo que, frente os 50 gatos que eramos naquel partido da primeira volta ante o Ensino (o meu primeiro partido do Pío esta tempada), toda a cidade se volcase co basket, co basket feminino, e enchese Santa Isabel coma non se vira dende o ascenso do Rosalía.
Desta vez non puido ser. A alegría de aquela segunda victoria ante o COB tornou en desolación desta vez. As rapazas, as millores da Fase Final nos 3 partidos previos, quedaban sin gasolina a tan só uns poucos metros da meta. Loitouse ata o derradeiro segundo, pero non houbo sorte. Coma leía o outro día, a lástima do deporte é que o deporte é deporte, non xustiza.
Pero a estas rapazas, que o deron todo e abandonaron entre lágrimas o pabillón, ante un público que lle recoñeceu o bo traballo, só se lles pode felicitar (a elas e, repito, a todos os que, na sombra, fan e fixeron posible todo esto).
Leo na páxina oficial do clube, nunha carta aberta da enorme (pese a súa xuventude, santo e seña do basket compostelán) Isa Suarez o seguinte: "Só quédame pedir perdón por non habelo conseguido, non podedes imaxinarvos como o síntoo! Quen me coñeza sabe que non son moi amiga destas cousas (andar escribindo nestes sitios), pero doulle voltas e máis voltas e a parte de pedir perdón sento a enorme necesidade de dar as GRAZAS!!!". Impecable, pero innecesario.  Somos nos, é esta cidade, a que ten que da-las grazas o Pío XII, por todo o que nos deron a cambio de tan, tan pouco que recibiron. Pero estou seguro de que haberá máis oportunidades. E de que chegaran pronto. E de que a cidade poida darvos un pouco máis (pola miña parte prometo algunha entradiña máis no blog, que vos merecíchedes moitas durante esta tempada. Polo de agora a web do clube xa ten un lugar nos enlaces do blog) que este ano por que creo que, se de algo serviu esta Fase  Final da Liga Feminina 2, foi para meter o gusanillo do basket feminino na sangue dos composteláns.  Ogallá non me equivoque, e o ano que ven, dende o principio, sexamos moitos máis os que vaiamos a ve-lo Pío loitar polo ascenso, ogallá, coas menos caras novas posibles (pois eso significaria que quedarían todas as "vellas").
Dubido moito que ninguén cercano o clube chegue a ler esto nunca. Alegraríame, claro, que o fixeran, pero o certo é que é o de menos. O importante é que, aínda que sexa cun grito sordo, non quede sen dicir:
MOITAS GRAZAS A TÓDALAS RAPAZAS, A MOZÁN, A TODOS OS QUE INTEGRAN O CB PÍO XII POLA TEMPORADA QUE NOS REGALÁCHEDES.
MOITAS GRAZAS, E MOITAS FELICIDADES, POR QUE, SEN DÚBIDA, SÓ TEDES MOTIVOS PARA ESTAR [email protected]

Publicado por fibergran @ 4:17  | CB Pío XII (LF2)
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios