Luns, 14 de Xaneiro de 2008
LEITE RÍO BREOGÁN 78-83 BEIRASAR ROSALÍA
Imagen

-> Oleson e Dedas lideraron un conxunto que rendiu a gran nivel.
-> A lesión de Mo Jeffers no terceiro cuarto afectou o conxunto local.
-> Ó redor de 100 afeccionados acompañaron ó Rosalía en Lugo


As espadas en todo o alto e os combatientes preparados, o partido do Sábado en Lugo prometía emoción e calidade. O Breogán, tras un arranque titubeante da tempada, foi quen de encontrar unha dinámica positiva (9 victorias en 10 partidos) que o colocou na zona máis alta da táboa, medíase sobre aviso a un Rosalía que recuperaba nos deradeiros partidos o xogo que o levou a comezar 5-0 a tempada. Por todo, dende antes de comenza-lo partido parecía seguro que en nada se parecería á final da Copa Galiza, onde o Rosalía foi un xoguete en mans dos lucenses.
E así sse confirmou dende o primeiro minuto do partido; o Breogán saía a pista sen confianzas e o Rosalía saía sen complexos. Os froitos para un gran derbi estaban, e o pastel pronto comezou a tomar forma. De entrada, o Rosalía impuxo un ritmo altísimo de xogo que o Breogán non tivo outra que seguir. A primeira batalla era gañada por Félix Muñoz, pero lonxe de semellar definitiva, o conxunto lucense foi quen de adaptarse con soltura e sen aparente esforzo a unha situación que a priori non lle beneficiaba e a igualdade mantívose durante todo o primeiro cuarto (18-19).
Tralo pequeno descanso o Breogán conseguiu darlle a volta a situación. Paco García acertou coas rotaciónsm tomou o control da bola e do partido e cun parcial de 10-0 ameazou con rompelo (29-22) e obligaba a pedir tempo morto a Félix Muñoz. A volta deste o Rosalía devolvía o parcial e a igualdade no marcador, que non foi rota en ningún momento do primeiro tempo (38-40). O Breogán xa asumira que se ía encontrar coa millor versión dun Rosalía que non conseguía rebotes pero domiñaba o xogo interior, resolvía con facilidade as situacións de 1x1 e no que, con Cebular desafinado e Oleson ben tapado, o exbreoganista Dedas colleu a batuta dende máis alá dos 6´25 e Legasa facíase forte na pintura, todos ben dirixidos pola millor versión de Boyd en moito tempo.
O terceriro cuarto non comezaba con visos de romperse ata que, nos primeiros minutos, Mo Jeffers caía lesionado. O americano estaba a ser un auténtico pesadelo para Brad Oleson, e tras liberarse del, o crack de Alaska soltouse definitivamente, e se ben conseguiu menos puntos dos que acostuma (aínda que con canastas de mérito), exprimiu o máximo a súa faceta coma líder do colectivo. Abriu ocos, aproveito o marcaxe total para liberar e asistir os seus compañeiros, axudou a Boyd na dirección e volvía a se-lo motor dun Rosalía que, agora sí, conseguía mostrarse por primeira vez realmente superior e alcanzaba a máxima vantaxe do partido preto do final do terceiro cuarto, vantaxe que foi quen de administrar e defender, iso sí, cos apuros propios de estar ante un gran equipo, ata o dinal. Dedas, matador onte, sentenciaba o partido dende a liña dos tiros libres cando o Breogán fora quen de poñerse a tres puntos a falta de poucos segundos. Un partidazo, dun nivel altísimo onde gañou o millor, non o menos malo, entre 2 equipos de nivel.
E o venres, no Sar, outro partido de altura entre 2 ascendidos que estan xa moi preto da salvación.

Publicado por fibergran @ 17:31  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios