Mércoles, 02 de Xaneiro de 2008
Imagen

Comezamos o 2008 recuperando as previas que se quedaran olvidadas (miro agora e vexo que levaba 5 xornadas sen facer) por falla de tempo. A ocasión ben o merece, o Beirasar Rosalía, que rematou o ano volvendo a senda do triunfo e do bo xogo, encara agora un dos viaxes máis complicados neste final de primeira volta cos deberes ben feitos. Unha das canchas máis complicadas, dicimos, porque o Alicante Costa Blanca, que comezou mandando con autoridade o campionato, viuse de súpeto cun baixón de xogo e resultados que o fixo caer na táboa por debaixo de CAI e Bruesa, pero todo isto é debido a unha plixeira irregularidade lonxe do Centro de Tecnificación, compensada en cambio polo feito de que na súa casa nunca mostrou a máis mínima debilidade (salvo a súa única derrota, ante o todopoderoso CAI), o que lle permitiu non perder nunca de vista o ascenso e rematar o ano no grupo de perseguidores, igualado a 10 victorias con Breogán e Bruesa.
Os alacantinos buscarán ante Rosalía a súa séptima victoria en casa que lle permita seguir sen perder comba na loita polo ascenso, obxectivo co que se diseñou, sen ningún tipo de dúbida, o plantel. Para iso, contouse con 3 pilares básicos do seu equipo ACB da pasada tempada, o base Josh Fisher e os aleros Axel Weigand, que busca os minutos que non tivo na categoría superior, e Lucio Angulo, que tras protagonizar un dos culebróns do verán decidiu ficar en Alacante. Ambos comparten posición e características, xogadores polivalentes, que poden adaptar a súa posición cara un posto máis interior. Estarán acompañados no perímetro por outro alero ben coñecido por todos, Alain Digbeu, un clásico ACB (categirñua que desputou co propio Alicante fai 2 anos), outra das pezas fundamentais, excelente lanzador e agresivo defensor. Estarán comandados, xunto por Fixher, por Cameron Bennerman, base extracomunitario moi físico que chega dende a Lega Due para facerse un oco no baloncesto español, e Stephane Dumas, con sobrada experiencia ACB e LEB, onde o ano pasado axudou a ascender o Baloncesto León.
O xogo interior é igualmente potente aínda que, o contrario que nas liñas exteriores, a experiencia na categoría é menor, e será aportada exclusivamente por Keith Waleskowski, que ben de facer 3 excelentes campañas na categoría, promediando na derradeira 14 puntos e 11 rebotes que non serviron para salvar o Farho Gijón, números que baixan considerablemente o reducirse os seus minutos de xogo de modo importante. O outro xogador con experiencia en España é Henk Norel, xovencísimo valor cedido polo DKV Joventut onde desputou 4 partidos apenas sen minutos nas dúas derradeiras temporadas. Pese a todo, o xogador holandés ven de ser a estrela do equipo filial dos badalonenses, o CB Prat, na liga LEB-2, promediando 13 puntos e 8 rebotes a pasada tempada. A súa adaptación a categoría superior está sendo excelente, e nas primeiras 14 xornadas promedia xa en 19 minutos, case 8 puntos e 5 rebotes. O xogo interior completase con 2 xogadores provenientes de Italia. Dende a Lega Due chega Nick George, único 4 puro do equipo, con excelentes números que está a repetir na faceta anotadora (non tanto na reboteadora) e o outro extracomunitario, Taylor Coppenrath, procedente do Biella da primeira división italiana e que está a pasar por un complicado proceso de adaptación. O xoven lituano (21 anos) Andriuskevicius completa o temible plantel alicantino, no que trata de aproveitar os escasos minutos dos que dispón.


Enfrontamentos previos [1-3]

En dúas tempadas Alicante e Rosalía se encontraron, ambas na categoría de plata do baloncesto español. En ambos casos o Alicante remataría a tempada levantando a copa de campión da categoría mentres que o Rosalía loitaba pola salvación, que nas dúas tempadas foi quen de conseguir. A primeira ocasión foi na primeira tempada do Rosalía en LEB, logo o Alicante descendería de xeito inmediato e volverían a encontrarse de modo inmediato. Nesta ocasión ambos equipos se enfrontaron na derradeira xornada de cada volta, gañando cada ún na súa casa, sin valer para demasiado xa o derradeiro partido en ningún dos dous equipos. Na segunda ocasión, a superioridade levantina na tempada notouse tamén nos enfrontamentos directos:
TEMPADA 2004-2005 (1-1)
Xornada 15: Lucentum Alicante 103-76 Ulla Oíl Rosalía
Xornada 30: Ulla Oíl Rosalía 85-75 Lucentum Alicsnte
TEMPADA 2001-2002 (0-2)
Xornada 08: Lucentum Alicante 67-53 Ulla Oíl Rosalía
Xornada 23: Ulla Oíl Rosalía 62-73 Lucentum Alicante

ESTADÍSTICAS TEMPADA (FEB.es):

- ALICANTE COSTA BLANCA (3º clasificado; 10-4 /// 82.6 pts a favor; 76.9 pts en contra, 31.9 rebotes por partido)
- BEIRASAR ROSALÍA (9º clasificado; 8-6 /// 77.8 pts a favor; 79.3 pts en contra, 29.7 rebotes por partido)
______________________________________________
PABILLÓN: Centro de Tecnificación de Alacante
HORA: Venres 4 de Xaneiro, 21:00 horas
______________________________________________

TV: Image and video hosting by TinyPic

Radio:: -

Internet: Imagen

* Coma en tódolos partidos emitidos por FEB TV, na páxina oficial de Inferno Azul - Beirasar Rosalía habilitarase conexión directa e un chat (tagboard) no que seguir e opinar en directo o encontro.
Publicado por fibergran @ 11:38  | Previas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios