Martes, 01 de Xaneiro de 2008
Imagen

Con una imaxe do millor momento que, probablemente, nos deixe coma recordo o millor ano en moito tempo para o baloncesto santiagués, comezo o ano blogueiro aproveitando para desexar a tódo o que o lea (sea habitual ou chegue ata aquí por casualidade) un feliz ano 2008, así coma a toda a familia do Rosalía (inclúo eiquí a tódolos heroes do ascenso que fican agora en terras lonxanas), comezando por Ubaldo e Félix, pasando por todo o plantel (aquí os capitáns Rogelio e Camilo, así coma o crack Oleson, que segue a mostrar compromiso co clube e ca cidade), corpo técnico e, como non, a todos nos, os simples afeccionados que cada venres estamos no Sar, dende a peña Inferno Azul ata o derradeiro de nos, e a familia do basket compostelán en xeral, incluíndo aquí non só a Rosalía, senón a tódolos equipos menores e de deporte base e, por suposto, o CAB Obradoiro, que rematou o 2007 coa espléndida nova do seu ascenso a ACB (17 anos despois) e comeza agora un novo ano cargado de grandes retos.
Un saúdo tamén para a xente dos foros da ACB e de Inferno Azul, dende Anxinho, Dalle Ellis ou Dieguitto ata os máis recentes (como participantes habituais, digo, no subforo do Rosa) Jose Arcadio, así coma os vellos coñecidos W e o moito tempo desaparecido Axente Deckard.

FELIZ ANO A TODOS

Publicado por fibergran @ 22:05  | Novas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios