Xoves, 27 de Decembro de 2007
AGUAS DE VALENCIA 85-102 BEIRASAR ROSALÍA
BEIRASAR ROSALÍA 88-69 ALERTA CANTABRIA LOBOS

Imagen

-> Tras 2 partidos lamentables o Rosalía resurxe das súas cinzas e volve a mostrar a súa millor cara.
-> A liberación da enfermería, o despunte de Binetti ou a chegada de Cebular, factores claves da reacción.
-> A volta de Oleson, 2 semanas antes do previsto, foi importante no partido ante Cantabria no momento máis delicado.


É curioso o de este Rosalía. Tras unha xeira negativa de resultados de 1-6, caendo derrotado nos derradeiros dous partidos con autoridade ante rivais non tan potentes coma podería parecer, resurxe de repente das súas cinzas para volver a mostrar a súa millor cara e rematar o 2007 cun balance positivo na LEB Ouro (quen o ía dicir o comezo de ano, que nos deparaba un tropezo na Copa LEB-2, pero xa haberá tempo para facer balance -evidentemente positivo- do ano do ascenso e asentamento na categoría superior).
Tras perder de 30 puntos ante Burgos moi poucos podían agardar o acontecido en Gandía. O balance era por primeira vez neutro (sempre fora positivo), o equipo semellaba totalmente roto, non había ideas nin tampouco forza, froito das lesións. Todo iso e máis facían que se viaxase a Valencia con escasas esperanzas en frear a xeira negativa de resultados. Pero non só se freou, senón que se disiparon as dúbidas. Xa entresemana parecía que as cousas tomaban un cáriz lixeiramente máis positivo, sin alardes, coa recuperación de xogadores en maior ou menor medida. Chegaba ademáis un rapaz de Eslovenia, un enigma en realidade, un tal Cebular, cun contrato de 15 días, que permitía saír a cancha, polo menos, con 9 efectivos. Pero o que ninguén esperaba era que o Rosalía saíra comendose literalmente a un rival sin resposta na súa propia cancha. Os 4 minutos a distancia era de 10 puntos xa e o primeiro cuarto o partido semellaba xa encarrilado, cun 17-32 no electrónico, que só creceu no segundo cuarto ata chegar os 22 puntos de distancia. Cebular saía forte, con boa anotación pese a malos porcentaxes, e as imprecisións propias dun debut, pero dando unha imaxe excelente, pero a gran noticia era ver a un Binetti, por fin, totalmente enchufado o partido, dirixindo, movendo, e anotando, nun partido que rallaba a perfección (unha vez máis, solo rota polas faltas: remataría descalificado). No interior faltaba Edwards pero estaba Montañana, que rematou preto das dobles figuras e con 22 de valoración e case sen fallo no tiro, e non deixaba opcións os pivotes levantinos, e aparecía por fin o Legasa que todos coñeciamos, exercendo de capitán, intimidando e forte en defensa, pese ó escaso acerto ofensivo. A maquina estaba engrasada e funcionaba, o millor Rosalía volvía en Gandía e, pese a que as distancias chegaban os 8 puntos no derradeiro cuarto, un novo arreón final no momento definitivo permitía a victoria moi cómoda ante un rival directo.
Grazas a victoria o Rosalía asegurabase non rematar o ano con balance negativo, e gañaba tranquilidade e optimismo para preparar o partido ante Cantabria Lobos. Pese a que o cántabro é un equipo chamado a loitar polo ascenso, a súa pésima tempada invitaba a un optimismo moderado, aínda que a ninguén se lle escapaba que viña de vencer ó todopoderoso Alicante. Durante a semana só boas novas. A enfermaría, por fin, se liberaba case por completo, só Edwards non podería xogar. Cebular seguía a convencer a súa permanencia no equipo parecía clara. Pero sobretodo, unha nova había que comía tódalas demáis: inesperadamente, a estrela do equipo, Brad Oleson, volvía as canchas dúas semanas antes do previsto. Adestrando dende o mércores e con espectaculares gañas de xogar, Oleson non saía titular, pero volvía a ser clave. Entraba a cancha provocando unha espectacular ovación do Sar nun momento complicado, cun inquietante 0-9 no marcador que non presaxiaba nada bo e cun Cantabria que afogaba, coa súa intensidade defensiva, a un Rosalía que non conseguía prácticamente nin chegar o centro do campo. Balón a Oleson, que desconxestiona a defensa. De súpeto, o home-para-todo (no bo sentido), tras 3 semanas desaparecido, colle a responsabilidade, intercambia o seu posto con Binetti, sube o balón e anota a primeira canasta local do partido. Oleson estaba de volta e dicíallo así o público e os seus compañeiros, así como ó propio Alerta. Notabase, non só pola súa calidade senón polo efecto que o de Alaska tiña sobre os seus compañeiros. En 4 minutos o marcador igualabase (13-13) e, pese a que Cantabria obtiña unha pequena renta no primeiro descanso, a igualdade duraría todo o primeiro tempo (37-37, min 20). O segunto tempo, sen embargo, sería dunha superioridade insultante de David contra Goliat. O Rosalía non só gañou a un rival que o duplica en presuposto: barreuno da pista, deixouno en evidencia. O que coloquialmente se dí "dar un bó baño". Binetti confirmaba que o do outro día non fora casualidade, Oleson, pese a non ter especial acerto dende os 6,25, tiraba do equipo, Cebular ía encontrándose cada vez máis cómodo e comezaba a gustar de verdade o Sar e sobretodo, Legasa facía un partido simplemente espectacular, confirmaba a melloría, convertíase no primeiro home interior cun espectacular 10+8 (con 4 de 6 en tiros de campo), abría ocos e intimidaba, e facía que non se notase a ausencia de Edwards, os frouxos partidos de Ramsdell e Fontet e a un Montañana moi por debaixo dos seus guarismos habituais. Unha canasta sobre bocina permitía a Cantabria reducir a 8 (chegara ós 18) a vantaxe a falta dos derradeiros 10 minutos e dáballe un respiro os de Santander, pero non duraba demasiado, o derradeiro cuarto comezaba cunha nova e definitiva escapada que os Lobos non conseguiron nin acercarse a frear. Os derradeiros 7 minutos serían un intercambio de canastas co marcador decidido que soupo aproveitar ben Cebular para gañarse con merecimento a ampliación do seu contrato ata final de ano e encandilar o Sar.
Superioridade insultante coma resposta a algunha previa e comentarios egocéntricos e despectivos que chegaran dende Santander durante a semana do partido. O Rosalía falaba de novo nas canchas, como fixo durante todo este 2007 espectacular que comezou con boas sensacións, confirmounas a metade co ascenso, e fixo máis do que podiamos agardar o final, chegando ata aquí con máis da metade do traballo feito nesta tempada e permitindonos incluso soñar co play-off.

Bo nadal e próspero ano 2008. Ogallá sea tan fructífero coma este que remata.

-> Estatística GANDÍA-ROSALÍA (FEB.es)
-> Estatística ROSALÍA-CANTABRIA (FEB.es)
Publicado por fibergran @ 12:54  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios