Martes, 11 de Decembro de 2007
Imagen

Sandi Cebular é, dende esta tarde, novo xogador do Beirasar Rosalía. O xogador esloveno, internacional coa súa selección, aínda que sen desputar apenas minutos, no pasado Eurobasket de Madrid, firmou esta tarde un contrato que o mantén ligado o clube colexial temporalmente, durante 15 días ampliables a toda a tempada.
Todo apunta a que a principal razón de fichar a Cebular é a falta de efectivos por mor das lesións. Agardase que coa chegada do esloveno os minutos poidan repartirse máis e a baixa de Brad Oleson se note algo menos, pese a que o xa novo xogador do Rosalía é máis ben un alero reconvertido, que terá que disputar aquí máis minutos de 2. Se ben non é un lanzador espectacular, sí se agarda que aporte cousas que se botan de menos dende a baixa de Brad, sendo moi bo penetrador e cun bo manexo do balón, segundo afirma Félix Muñoz.
Sandi Cebular é un xogador de apenas 21 anos e 194 centímetros que se encontraba sin equipo a día de hoxe tras xogar a pasada tempada no Union Olimpija, onde gracias a lesións conseguiu desputar varios partidos con minutaxe na Liga Adriática (promediando 5.8 puntos en 16 minutos) e na Euroliga (realizando o seu millor partido en Málaga ante o Unicaja, con 12 puntos en 21 minutos). Considerado no seu país coma unha das maiores esperanzas de futuro (é, non en vano, o xogador máis xoven da selección absoluta), e chega a Rosalía coa intención de demostrar que é xa un xogador de presente.

-> PLANTEL ACTUALIZADO BEIRASAR ROSALÍA
Publicado por fibergran @ 10:10  | Novas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios