Luns, 10 de Decembro de 2007
CIUDAD DE HUELVA 81-66 BEIRASAR ROSALÍA
BEIRASAR ROSALÍA 54-84 AUTOCID FORD BURGOS

Imagen

-> O Rosalía realiza consecutivamente dous partidos lamentables e preocupa por primeira vez na tempada.
-> O triste balance de unha victoria en 7 partidos supón a perda do colchón de puntos adquirido de saída (de 5-0 a 6-6)e fai volver a pensar na permanencia.
-> A baixa de Oleson e os problemas de lesións fan máis grave a sitación, pero non sirven coma única explicación ó mal momento.


En parte por falta de tempo, en parte por que non hai moito que contar, xunto aquí crónicas. Non crónicas, por que non hai moito que comentar do propio partido, senón máis ben impresións dos derradeiros partidos.
E a primeira é clara: un triste Rosalía; triste a imaxe mostrada nos derradeiros partidos. Nas primeiras 5 xornadas o nivel era sorprendentemente alto, cun 5-0 de saída, e non soaron as primeiras voces de alarma ata a xornada 10, cando tras unha abultada derrota en casa o balance reducíase a 6-4. Pese a todo, o Rosalía mostrara sempre a cara, chegara a tódolos partidos con opción a excepción de este derradeiro, ante o indiscutible líder da categoría. Mesmo a lesión de Oleson, o gran referente, tomouse con todo o optimismo que un se pode tomar unha noticia así: A hora do equipo, dicía un servidor por aquí. O equipo non respondeu, dende o primeiro ata o último.
Que as cousas non ían ben mostrabanse xa dende o primeiro minuto en Huelva. Ante un rival igualmente tocado polas lesións (e con problemas importantes de pagos), o Rosalía non saía a cancha ata o terceiro cuarto, e xa de saída recibía un primeiro parcial de 30-15 que suporía unha vantaxe que nunca se reduciu. O contrario, tódalas opcións fallaban e o Rosalía facía internacionais os onubenses. No terceiro cuarto a desvantaxe chegou a superar os 30 puntos. Co Ciudad de Huelva xa relaxado, o Rosalía meteu a directa e maquillou o resultado, sin evitar a paliza pero sí alomenos un resultado de escándalo. Escándalo que sí se varía reflexado no electrónico unha semana despois pero que xa se veía na cancha en terras andaluzas. Con pésimos porcentaxes, froito dunha mala selección de tiro, e sin ningún tipo de intensidade defensiva, o Rosalía fallou en acerto, pero tamén, o que era máis grave, en actitude. Pouco quedaba do equipo combativo que foi quen de forzar unha prórroga en La Palma tras perder de case 20 puntos (alí perdeuse, pero viuse moito máis) ou estar a piques de remontar 24 puntos ante Lleida. A baixa de Oleson é factor importante, evidentemente, pero non excusa: o equipo non só non puido remontar, senón que semellou asumi-la derrota antes de saír a cancha. Os medios locáis calificaron o Rosalía coma o pior equipo que pasara por Huelva, e o propio Félix Muñoz dicía en rolda de prensa que , visto o visto, "nin sequera tiña valido a pena o desembolso económico que supuxo a viaxe".
Unha semana complicada despois. Os ecos da dolorosa derrota había que sumarlle novos problemas (que comezan a ser xa demasiados) de lesións: a metade de semana, ata 4 xogadores eran dúbida (sin incluír a segura baixa de Brad), e finalmente nin Boyd (que xa é o 5º partido que se perde por "non forzar") nin Edwards puideron xogar (aínda que este último alomenos sí se vestiu de corto e disputou 5 minutos de encontro). O partido, en pleno venres de ponte, e o mal momento, facía temblar, e sen embargo quen non fallou foi a aficción, que acudiu en número similar ou superior o habitual, alomenos, antes do partido do CAI. Chegaba o colista, había esperanzas en cambiar a tónica, había que tirar de grupo e de defensa para levarse o partido. Era posible, e o bo estado das gradas do Sar animaban a dar un plus. Pero entón pasou o que pasou: o partido. Nos primeiros 3 minutos os visitantes xa gañaban 2-13. O final do primeiro cuarto xa non había nada que facer, a realidade pasaba coma un rodillo polo Sar e un Rosalía que só marcaba 6 puntos en todo o cuarto (16 minutos lle farían falta para supera-la decena) rondaba o patetismo máis absoluto en ataque, con xogadores perdidos nos propios sistemas, cun xogo que rondaba a máis esperpéntica improvisación, e en defensa de novo a falta de orde era unha losa implacable (os lanzamentos dende 6.25 sen oposición dos burgaleses foron tónica en todo o partido). O segundo cuarto as cousas non melloraban, senón todo o contrario. No terceiro houbo un atisbo de reacción, chegábanse os 12 puntos que quedaban definitivamente aumentados a 16 cun triple sobre a bocina do Burgos (evidentemente, de novo, sin oposición). O derradeiro cuarto foi un correcalles onde o Burgos chegaba a achegarse os 40 puntos de vantaxe. Desta volta non había nin forzas nin actitude para maquillar o marcador. Tampouco para atender a prensa despois do partido. Só Camilo Riveiro (por certo, xunto con Ramsdell, o millor, sin que iso sexa dicir demasiado) tiña a valentía de da-la cara para pedir, sobretodo, perdón a afección.
O Rosalía enfronta agora outro partido clave en só unha semana, coa enfermería, agardamos, máis solta, pero coa moral, supoñemos, máis baixa que nunca, tras entrar nunha dinámica máis que preocupante. O rival é asequible (que non sinxelo), e o partido, de novo, clave, pero o Rosalía é, neste momento, e máis que nos pese a todos, unha presa fácil para calquera.

-> Estatísticas HUELVA-ROSALÍA (FEB.es)
-> Estatísticas ROSALÍA-BURGOS (FEB.es)
Publicado por fibergran @ 9:03  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios