Martes, 27 de Novembro de 2007
Imagen


Finalmente confirmáronse os peores presaxios e Brad Oleson, tras caer lesionado no comezo do terceiro cuarto ante CAI Zaragoza, será baixa durante 6 semanas. Pese a que había certo optimismo e se pensaba que podía ser unha simple luxación de dedo, finalmente o crack de Alaska sufre unha rotura e perderase 54 compromisos (Huelva, Burgos, Gandía e Cantabria).
Sen embargo, hai confianza no equipo. Temos a outros 11 homes que están dispostos a tirar do carro.
Evidentemente, falta o referente, pero si algo se ve no Rosalía é que por riba das individualidades está o equipo. Precisamos a Boyd e Moore a nivel habitual (sobretodo o primeiro), que Binetti demostre o que levo dicindo que creo ver nel: que é millor coma 2 que coma 1, que Bobb esté no partido os 40 minutos, que Edwards esté coma ante Zaragoza e Monty o seu nivel de sempre, que Ramsdell siga reivindicándose coma excelente defensor e que as rotacións respondan.
Pero podemos facelo. O ano pasado saímos moralmente reforzados da lesión de Oleson. Demostramos que eramos temibles con ou sin él.
É o momento de demostrar o que moitos xa intuímos.

DALLE EQUIPO!
Publicado por fibergran @ 21:31  | Novas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios