Xoves, 22 de Novembro de 2007

Convulsa semana en Compostela, entre rumores de fichaxes e perdidas de xogadores, que finalizaron coa gran nova da renovación de Oleson, precisamente cando espera un dos equipos máis potentes da liga: o CAI Zaragoza, que se está a desmarcar do resto xunto o rival da pasada semana. A dúbida estará en si os adestramentos funcionaron polos cauces habituais ou a situación provocou unha certa desestabilidade lóxica nestes casos.
Mentres tanto, dende Zaragoza, chega un histórico do basket español que leva anos tratando de recuperar, sin éxito, o seu lugar na millor liga de Europa. Este ano o obxectivo volve a se-lo mesmo e con ese obxectivo cóntase cun dos grandes presupostos da liga e un plantel de verdadeiro luxo que, tras un comezo de liga titubeante, comeza a asustar tanto coma se agardaba (ven de gañar de máis de 20 puntos tras unha marcha militar ante Alicante, ahí é nada).
Falar de nomes propios no CAI Zaragoza é unha osadía, por que gran parte dos seus homes serían primeiros espadas en case calqueira equipo LEB. Por exemplo, Paolo Quinteros, probablemente o millor home da pasada LEB e peza clave no ascenso do Baloncesto León, sempre competitivo e excelente anotador, acompañado no perímetro de outra primeira figura italo-arxentina que leva unha vida en Zaragoza, Matías Lescano, ou Howard Brown, que chegaba o pasado ano coa temporada comezada, tras iniciala no Polaris Murcia da ACB. Na dirección do xogo destaca Lucas Victoriano, base con protagonismo ACB hai pouco tempo que xa xogou no equipo maño o pasado ano e encargado de levar a batuta mentres Oscar Gonzalez e Peter Maric buscan asentarse definitivamente na categoría. O xogo interior é tan potente coma o resto das liñas: as dúas figuras do ano pasado, Darren Phillip e Ondrej Starosta (que o ten todo para ser un home desequilibrante na categoría) estarán acompañados da parella que foi primeira en Cantabria o pasado ano: Mike Scott Higgins e Victor Cuthbert. Xogador a xogador, definitivamente, confirmase coma, probablemente, o millor equipo da categoría xunto a Bruesa que ademáis traballa ben en defensa (equipo que menos puntos recibe), e non se conforma, pois o ex-xogador do Rosalía David Doblas, cortado en Menorca, apunta a reforzar o xogo interior maño, aínda que non estará, todavía, en Compostela.
No capítulo de baixas, este podería ser, por fin, o primeiro partido no que o conxunto local poida contar co plantel completo. Con Boyd e Fontet recuperados das súas lesións, e Edwards prácticamente, as dúbidas estarán agora postas en Binetti e Montañana, que sofre un esguince de nocello de grado 1, aínda que se agarda que ambos poidan chegar o partido. No cadro zaragozano todo o plantel estará as ordes de Curro Segura.


Enfrontamentos previos [1-1]

A única tempada na que Rosalia e Zaragoza se viron as caras foi na 02-03, ano de refundación do conxunto maño e do descenso compostelán. Tampouco sería unha boa temporada para aragoneses, que rozarían o descenso tras comprar a praza do Sondeos Norte coruñés e facer un equipo que aspiraba a todo. Os enfrontamentos repartíronse con unha victoria para cada equipo.
TEMPADA 2002-2003 (1-1)
Xornada 07: CAI Zaragoza 79-74 Ulla Oíl Rosalía
Xornada 22: Ulla Oíl Rosalía 77-71 CAI Zaragoza


ESTADÍSTICAS TEMPADA (FEB.es):
- BEIRASAR ROSALÍA (6º clasificado; 6-3 /// 79.6 pts a favor; 78.1 pts en contra, 29 rebotes por partido)
- BASKET CAI ZARAGOZA (2º clasificado; 7-2 /// 84.9 pts a favor; 73.1 pts en contra, 34.7 rebotes por partido)



Pavillón: Multiúsos Fontes do Sar
Hora: Venres 23, 21:15

TV: Popular TV; Aragón TV
Radio:: Aragón Radio; Radio Voz Compostela (106.1 FM)
Internet: Imagen
Publicado por fibergran @ 6:00  | Previas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios