Mércoles, 21 de Novembro de 2007

O pasado Domingo, o portal Solobasket.com facíase eco dunha seie de rumores que colocaban a Brad Oleson preto de 2 equipos ACB: León e Unicaja. Era certo. O pasado luns foi un día de especial incertidume para os afeccionados santiagueses, pero o final do día xa podiamos respirar tranquilos: Oleson queda en Santiago, polo menos, por agora. Tanto Unicaja coma León, efectivamente, fixeron oferta. No primeiro caso, o conxunto andaluz recibiu a negativa directa do xogador.
No segundo caso a incertidume duraría máis. O director deportivo do Baloncesto León viaxaba ata Santiago de Compostela para reunirse con Kiko Montero nas oficinas do clube. Éste, despois de coñecer a opinión negativa do xogador alemán, foi taxante: non se negocia por Oleson, que se mostrou a gusto en Santiago e, unha vez máis (xa en LEB2 rexeitou ofertas de Breogán e Huelva, e este mesmo ano do Tenerife Rural entroutros), demostrou o seu alto grado de implicación co clube que o trouxo dende Alaska. Dende aquí non máis que agradecer unha vez máis a Brad esto último. Sen embargo, a última hora da mañá do día de onte, a opción malagueña volveu a soar con forza e algun medio, incluso, asegurou que podía ter as horas contadas en Santiago.
Nada máis lonxe da realidade, hoxe o clube sorprendeu cunha rolda de prensa na que saltaba a gran sorpresa. Oleson reuniuse onte coa directiva do clube, pero non para negociar a súa saída cara o sur, senón para pechar a súa permanencia en Santiago. A boa disposición permitiu que a tarefa fose máis sinxela do que podería semellar, e Brad Oleson volve a ser noticia o renovar por 2 anos máis co conxunto colexial (2 anos máis este, é dicir, estará en Santiago ata 2010), salvo que nese tempo se sufrise o descenso a categoría inferior. Oleson volve a sorprender e mostrar a súa implicación con cidade, equipo e afección.
Máis alá da rumoroloxía, o 12 será noso 2 anos máis.
Imagen

Peores novas chegaban dende a enfermería. Corsley Edwards segue aínda sen adestrar con total normalidade e afectado do seu proceso vírico, aínda que evoluciona favorablemente e non é dúbida. Sí que o é o pivote Montañana, que no adestramento do luns mancouse e sufre un esguince de nocello de grado 1, o máis baixo. Tanto él como Binetti poderán xogar, en principio, o venres ante Zaragoza, pero serán dúbida ata o final. Quen sí reaparecerá será o base titular do equipo, Flinder Boyd, tras perderse os derradeiros 3 partidos, e o teito do plantel, Albert Fontet, que volverá as canchas tras máis de un mes lesionado.
Publicado por fibergran @ 10:20  | Novas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios