Domingo, 18 de Novembro de 2007
BRUESA GBC 96-87 BEIRASAR ROSALÍA
Imagen

-> Brad Oleson (31 val) volveu a ser o millor dun Rosalía onde destacou, pese a todo, o conxunto.
-> A calidade individual de Panko e os triples de Isaac López (5/6) foron ó final decisivos.
-> O Rosalía, pese a xogar con só 7 homes en condicións, aguantou 39 minutos ó líder, que só decidiu o final.


Partidazo en Illumbre. Se ante Tenerife dicíamos que se conseguira o máis dificil todavía, o do partido de San Sebastián era, probablemente, demasiado. As baixas de Boyd e Fontet uníanse, a media semana, a de Corsley Edwards por grastrointerite, que sí puido xogar pero con molestias e sen inxerir alimento sólido algún (xogou 19 minutos con 10 puntos, pero 0 de valoración e a sensación de que non puido aportar o eagardado). Se xa as cousas ían de mal en peor, no adestramento do venres, a derradeira hora, o segundo base do equipo, Toni Binetti, causaba baixa no partido. O Rosalía chegaba o partido con só 7 homes "e medio", sin 2 bases e 2 pivotes, e por si fose pouco, en frente, 7.000 personas animando ó millor equipo da categoría, o recién descendido Bruesa Guipuzcoa Basket.
O partido comezaba cos dous equipos mostrando claramente do que eran capaces: forte atrás e con diversidade en ataque. Bobb e Ramsdell anotaban as primeiras triplas do partido, devoltas por Panko, e Oleson comezaba a facer dano, sen puntos todavía, pero tomando acertadas decisións dende o posto de base e comezando a sacar faltas. Posto de base no que, polas baixas, se viu obligado a xogar. Sen embargo, nos derradeiros minutos do primeiro cuarto chegaban os primeiros momentos de flaqueza: o Bruesa seguía a enchufalo todo, Edwards non conseguía entrar no partido, e o conxunto en xeral vivía unha pequena páxara que permitía o Bruesa chegar o fin de cuarto con 6 puntos de vantaxe (21-15).
O segundo cuarto comezaba cunha tripla local que ameazaba con romper o partido, pero Rosalía respondía. Saía a relucir a millor versión do Rosalía, disposto a demostrar por qué está encaramado nas posicións de privilexio da competición. Con Oleson ocupando a posición de líder dun bloque compacto, e desta vez xa anotando xa con Moore coma base. O Rosalía apenas mostrou altibaixos neste cuarto, espectacular, domiñando claramente o partido ante un Bruesa que se salvaba grazas o acerto dende a tripla, cun par antolóxicas de Isaac e Panko. O Rosalía chegaba 5 arriba a falta de 8 segundos. A defensa foi realmente boa, funcionou. Case se rouba o balón, pero sobre bocina, Panko o recolle e lanza sin equilibrio e case sen mirar a canasta. O balón entra e permite a Bruesa reducir o mínimo as distancias (44-45).
O terceiro cuarto comezaba con verdadeiro perigo de escaparse. O Bruesa non tardaba en colle-la dianteira, anulaba o Rosalía, e chegaba varias veces a tomar ata 8 e 9 puntos de vantaxe, pero Rosalía conseguía diminuir, case sempre, de inmediato. A defensa non funcionaba, o Bruesa alcanzaba os 28 puntos neste cuarto (a maior cantidade de puntos en contra que alcanzou no que vai na temporada), e o Rosalía, que ata agora medía ben os tempos do partido, víase agora nunha dinámica que non lle interesaba. Só unha reacción nos derradeiros 2 minutos permitiron chegar con vida ao derradeiro cuarto (72-69).
E tan vivo. O Rosalía volvía a sacar a casta ante as adversidades. Non tardaría demasiado neste cuarto en reducir a vantaxe e poñerse por diante, cun 78-82 que atemorizou Illumbre. A quinta falta de Ramsdell (que partido a partido reivindícase coma gran defensor) e, posteriormente, de Bobb a falta de 4 minutos, deixaban a Rosalía en circunstancias complicadas, e os árbitros, ata agora case impecables, comezaban a recibir moitas queixas do conxunto visitante. Un 3+1 de, quen si non, Isaac Lópèz, poñía 2 arriba a Bruesa e causaba, ademáis, un importante golpe moral para os nosos. Tras un seguinte ataque fallido, Panko anotaba e íase os 4. Oleson anotaba unha tripla que reducía a 1 a vantaxe pero Panko devolvíao. A distancia apenas se moveu, e a falta de 18 segundos o Rosalía erraba nunha posesión para reducir a 2. Tras fallala, precipitación defensiva e parcial de 5-0 nestes segundos, que permitían o Bruesa, incluso, dá-la sensación de ter gañado un partido máis fácil do que realmente foi. Non queda máis que felicitar o equipo, que coma aqueles 300 espartanos conseguiron resistir as envestidas dun rival superior, que perdía o partido, pero gañaba crédiro.
Agarda agora o CAI Zaragoza, outro dos grandes favoritos e segundo clasificado só por detrás do propio Bruesa.

- ESTADÍSTICAS (FEB).
- Videoresumen TVG (Telexornal)


Outras crónicas do partido
- El Correo Gallego
- GuipuzcoaBasket.com
- Noticias de Guipúzcoa
- Diario Vasco
- MARCA
Publicado por fibergran @ 16:13  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios