Xoves, 15 de Novembro de 2007
Imagen

Pese a que Rosalía xa se enfrontou a varios equipos dos que podemos calificar coma grandes da liga e aspirantes ó ascenso (Palma Áqua Mágica, Plus Pujol Lleida ou Tenerife Rural), o certo é que os dous vindeiros partidos o conxunto compostelán terá que enfrontarse as que son, probablemente, os dous millores planteis da competición. O de mañá é, ademáis, un equipo que tras caer no primeiro partido demostrou despois que tén crédito e reivindícase coma o favorito nº1 para loitar polo ascenso e volta á Liga ACB.
Parar a Andy Panko, o gran domiñador da liga por dentro e por fora, sen discusións, será unha das premisas claves para tratar de conseguir a sorpresa da tempada, pero o Rosalía vai precisar moito máis, por que o Bruesa está lonxe de ser un equipo de un só home. A Panko e os dous ex-ACB que siguen no plantel do ano pasado, Ricardo Uriz e Esteban Martinez, únenselle no perímetro o moi experimentado Bernard Hopkins, unha baza segura, entroutos. Por dentro, onde tamén Panko está presente, sitúase con cada vez máis acerto Vitor Faverani, un xogador xoven pero experimentado que parece que comeza a dar os frutos agardados baixo os taboleiros, onde estará ben acompañado con homes tan solventes coma Oliver Arteaga e José Amador, procedente do campión da pasada tempada, o Cantabria Lobos, ó igual que o escolta Isaac López, un dos millores lanzadores da liga. O equipo completase con Perico Sala, Carlos Andrade, internacional con Portugal, e Salva Arco, que xa demostrou o seu bo facer en Hospitalet.
No apartado de lesións unha semana máis o Rosalía afrontará o partido mermado. As coñecidas baixas de Flinder Boyd (que sí xogará con seguridade ante CAI) e de Albert Fontet, preto de recuperarse da súa longa lesión, hai que unir a baixa do referente interior, Corsley Edwards, que non podera viaxar por mor dunha gatrointeritis que lle impediu adestrar en toda a semana e da que non está recuperado. Por contra, en Donosti recuperan a Carlos Andrade, que sufre unha sobrecarga pero parece que chegará ao partido e estará a disposición de Pablo Laso, coma o resto do plantel.


Enfrontamentos previos [1-1]

Só nunha tempada Rosalía e Bruesa se viron as caras, motivado principalmente pola brevísima historia do conxunto vasco e o seu meteórico ascenso. Foi no ano da (re)fundación do clube vasco, que comezaba directamente na LEB-2, categoría que o Rosalía desputaba por segundo ano, o máis complicado, e que a piques estivo de descender. Por contra, o Bruesa alcanzaba ese mesmo ano o ascenso. Pese as diferentes traxectorias, cada equipo gañou na súa casa nos enfrontamentos directos:
TEMPADA 2004-2005 / LEB2 (1-1)
Xornada 08: Noyastar Rosalía 78-77 Bruesa GBC
Xornada 23: Bruesa GBC 93-63 Noyastar Rosalía

ESTADÍSTICAS TEMPADA (FEB.es):

- BRUESA GBC (1º clasificado; 7-1 /// 86.5 pts a favor; 81.6 pts en contra, 31.6 rebotes por partido)
- BEIRASAR ROSALÍA (4º clasificado; 6-2 /// 78.6 pts a favor; 75.9 pts en contra, 29.6 rebotes por partido)

TV: Image and video hosting by TinyPic; Imagen

Radio:: -

Internet: Imagen

* Coma en tódolos partidos emitidos por FEB TV, na páxina oficial de Inferno Azul - Beirasar Rosalía habilitarase conexión directa e un chat (tagboard) no que seguir e opinar en directo o encontro.
Publicado por fibergran @ 15:34  | Previas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios