Martes, 13 de Novembro de 2007
ImagenImagen


Na xornada 10, e despois do compromiso ante Bruesa GBC en Illumbe, chegará por fin o primeiro partido televisado por Popular TV do Beirasar Rosalía. Trala gran tempada que está a facer o conxunto compostelán, parece, por fin a rede de cadenas locais que ten os dereitos da LEB Ouro decidiu proclamalo coma "partido da xornada". O partido será emitido en directo o Venres 23 ás 21:15, e ademáis, coma tódolos partidos que protagonizan o espazo "La noche LEB", será repetido o Domingo ás 8:00 AM. Para Catalunya, a retransmisión será a cargo de Canal Catalá, que comparte os dereitos da LEB Ouro con Popular TV, e en Aragón poderase ver, tamén, por Aragón TV.
Será o primeiro partido televisado en directo por unha televisión analóxica da LEB Ouro, se ben hai que recordar que os partidos ante Villa de Los Barrios (xornada 1) e Fundació Basquetinca.com (xornada 3) xa foron televisados por FEB TV, a plataforma dixital da Federación Española de Baloncesto, medio polo que podería ser emitido tamén en directo o partido da vindeira semana en Donosti (agárdase confirmación, se ben xa se sabe que este partido si será, no peor caso, retransmitido por Baloncesto en Vivo).
Publicado por fibergran @ 9:35  | Novas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios