Martes, 13 de Novembro de 2007
Imagen


Chegou da LEB-2, ficou no Rosalía pese a teren ofertas superiores económica e deportivamentes (unha delas, precisametne, de Tenerife). E chegou para ser referente tamén na categoría superior co equipo que lle deu a oportunidade de saír de Alaska. Para demostrar a súa calidade bastoulle un partido, para convertirse nun dos primeiras espadas da liga, un par. E os oito partidos, Brad Oleson xa conseguiu proclamarse por primeira vez MVP da xornada. 16 puntos (por certo, neste apartado outro xogador do Rosalía, Curtis Bobb con 28 e 6/11 en T3, foi o millor), 11 rebotes, 3 asistencias e 5 faltas recibidas para un total de 34 de valoración aupárono a tan merecido premio, que ademáis ven acompañado pola designación coma "Xigante da semana" na categoría pola revista Gigantes del Basket (onde se destaca a sñua seguridade dende os 6,25 e o bo traballo baixo o tablero, especialmente en defensa). Premios merecidos e con valor doble pola victoria do equipo, e doble mérito por seren un deses cracks que entregan a súa calidade para o ben do propio equipo, que non xogan, por dicilo así, para sí mismos e os seus números. Oleson non só é un exemplo de calidade, senón tamén de lealtade ao clube e de implicación con equipo, cidade e afección.
Por iso, dende aquí, só unha cousa que dicir: GRAZAS E FELICIDADES, BRAD!. Que sexa o primeiro de moitos.
Publicado por fibergran @ 9:26  | Novas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios