Luns, 12 de Novembro de 2007
Imagen


Partidazo con visos ACB en Alacante, tanto no pasado, pois os dous equipos conseguiron a victoria, coma no futuro, pois ambos estanse reivindicando coma máximos favoritos para acadar o ascenso. Falamos de Lucentum e Bruesa. E o partido, desta vez, foi para Bruesa, pese a que no descanso o marcador sinalaba o 47-40. No terceiro cuarto igualou e no derradeiro impúxose con rotundidade nun parcial de 11-22. O Bruesa, precisamente rival do Rosalía a vindeira xornada, segue a asustar, e encadena 7 victorias consecutivas tras caer na primeira xornada ante Tenerife.
Por detrás, xunto a Rosalía e Alacante, mantense o CAI Zaragoza, tras vencer claramente en casa dun Alerta Cantabria que segue sen convencer e no que xa sonan campanas de despido de Mateo Rubio.
Respiran Breogán e Huelva, que finalmente acheganse e acomódanse na parte alta da tabla, pese a que costou chegar máis do planeado. Igualados a puntos con Tenerife e Lleida, que caeu ante un Los Barrios que non é o mismo dende a chegada de Moss. Tamén 5 victorias mantén o Ciudad de La Laguna, que nos derradeiros 25 partidos no Ríos Tejera só perdeu un, a final da Liga LEB2 ante Rosalía. Desta volta a víctima foi outro canario, o UB La Palma, que mantense na cola da clasificación xunto con Gandía e Burgos, que xa destituiu o seu adestrador. E no outro derby insular, pero balerar desta vez, o PAM vence sen convencer, o que lle basta, parece, a Diego Tobalina para manter o seu cargo unha semana máis.

Image and video hosting by TinyPic

Comentarios