Sábado, 10 de Novembro de 2007
BEIRASAR ROSALÍA 86-78 TENERIFE RURAL
Imagen
[LEER EN CASTELLANO]

-> Brad Oleson (16+11), Curtis Bobb, Edwards e a defensa de Ramsdell sobre Barbour, os mellores.
-> O Rosalía mandou sempre no marcador, e defendeu forte atrás cando o partido peloigrou.
-> O rebote, unha vez máis, o talón de aquiles compostelán.


As circunstancias eran complicadas. O equipo chegaba tocado psicolóxicamente o partido tras dúas derrotas pola mínima, e físicamente, coas lesións de Fontet e, a última hora, de Flinder Boyd, o base titular. Pero o gran problema estaba enfrente: non lle tocaba o Rosalía lidiar un partido facil, todo o contrario, xogaba ante un dos favoritos para estar arriba, o Tenerife Rural. O complicado calendario, que o levará nas vindeiras xornadas a enfrontarse ante Bruesa e CAI, probablemente os dous mellores planteis da categoría, facían ademáis o partido de onte coma clave pois, de perder, un parcial de 0-3 e o perigo de irse ata o 5-5 total nas vindeiras xornadas facía que o partido, pese o excepcional comezo de tempada, se presentase coma un partido de urxencia.
Pero non fallou, sobrepúxose a tódolos factores, realizou o millor partido da tempada e gañou con solvencia ó conxunto canario, sin que esto signifique que os visitantes non tivesen opcións de levarse o partido no derradeiro cuarto. E non sabemos si, polo nerviosismo da importancia do partido, como anécdota desagradable, os medios da prensa (escrita e oral) non se encontraron coa mesa de prensa que adoita a estar. Un descuido desconsiderado por parte do clube e do propio Multiúsos, que esperemos non se repita (e digoo coma afeccionado, pois nin son acreditado nin teño acceso a zona de prensa, evidentemente, son un simple socio e non son un damnificado directo). Coido que era importante dicilo para tratar de correxilo. Dito xa, vamos co partido:
De entrada, Félix Muñoz sabía da importancia de parar a Barbour de entrada, e por iso puxo un quinteto inicial descoñecido coa sorpresa de poñer 3 grandes e emparellar a Ramsdell coa estrela dos de blanco. Era arriscado (máis se temos en conta a baixa interior de Fontet) pero saliu cara: Barbour foi espectacularmente tapado no primeiro cuarto polo americano, non conseguiu anotar e foise do partido, descentrouse a causa da desesperación e rematou firmando un pobre 2/12 en tiros de campo. Con eso, o Rosalía tiña en teoría o partido encamiñado, pero había que conseguilo na pista. E a eso comezou. A primeira canastra do partido foi local, de Edwards. Co 4-2 un triple e Guaita puña por riba ao Tenerife por primeira e única ves do partido, pero os composteláns encadeaban despois un 11-0 de parcial que obligaba a Rafa Sanz a pedir o primeiro tempo morto. Tras este tempo morto o conxunto visitante reaccionaban e freaba o ritmo dos colexiais e poñía de saída un o 17-13. O final deste periodo o electrónico sinalaba un 26-21 que non satisfacía de todo a ningún dos dous equipos. A historia recordaba demasiado o partido de Lleida, e o exame era saber si esta vez o Rosalía conseguía aguantar os cuartos centráis como lle pasara nos derradeiros partidos.
Non ocurriu, o Rosalía saía a morder no segundo cuarto e mesmo conseguía ampliar vantaxes, chegando en ocasións os dez puntos de vantaxe. Reaccionou e pouco a pouco achegouse o Tenerife, que cun triple de Fran Sanchez poñíase a dous, pero catro puntos de Edwards que pechaban o cuarto permitían o Rosalía irse o descanso con 46-40.
O terceiro cuarto foi, se cabe, o millor. Xa de saída o Rosalía mancaba a moral canaria e mediado o cuarto chegaría a vantaxe máxima do partido, 16 puntos. O Tenerife mantíñase no partido grazas ao pequeno fío do claro dominio reboteador (se ben defensiva e ofensivamente Montañana e Edwards superaban aos canarios) e a inspiración por rachas de homes coma Fran Sanchez (que anotou dous importantes triples moi longos) e, sobretodo, de Edu Sánchez e Fotios Lampropoulos. Grazas a esto o derradeiro cuarto mantiñanse as opcións tinerfeñas, se ben o Rosalía tiñao todo a favor.
No derradeiro cuarto o Rosalía chegaba a irse aos 15 puntos e parecía finiquitar o partido, pero o Tenerife sacaba toda a casta que tiña e aproveitaba o momentaneo desconcierto local, pagaba a Rosalía coa misma moeda que éste utilizou en Lleida e La Palma pero, ao igual que o Rosalía nestes partidos, non conseguiu culmina-la remontada. A falta de 3 minutos o Tenerife conseguía reducir as vantaxes a 4 puntos (82-78), e Félix Muñoz pedía un tempo morto para pedir tranquilidade e rigor defensivo os seus. Funcionou, o Rosalía apretou os dentes e deixou a Tenerife sin anotar en estes 3 minutos, aumentando tímidamente a vantaxe ao final, ó que se chegaría con merecidísima victoria local ante un Tenerife que da un paso atrás nas súas aspiracións de seguir conectado e preto do primeiro posto da taboa. O Rosalía conseguía vencer a un Goliat en forma, conseguía o máis dificil todavía. E toca viaxar a Illumbre, a xogar ante o líder en solitario, Bruesa GBC, onde Rosalía, esta vez sin urxencias, non renuncia a dar unha nova sorpresa e un paso máis.


- ESTADÍSTICAS (FEB).
- Videoresumen TVG (Telexornal)

Publicado por fibergran @ 17:16  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios