Xoves, 08 de Novembro de 2007


Tras dúas derrotas consecutivas, ambas, eso sí, pola mínima, o Rosalía recibe a visita do potentísimo Tenerife Rural para intentar rachar coa racha negativa e volver a senda do triunfo. Será complicado, por que en frente está un dos favoritos para loitar polo ascenso a ACB, categoría que perdeu xa hai 3 temporadas e, tras dous anos en terra de ninguén, busca volver a máxima categoría do basket nacional.
Para iso os canarios optaron por manter a varios xogadores do pasado ano, liderados polo todoterreno Antwain Barbour, pero fichar ata sete xogadores novos. Así, o Tenerife, dirixido un ano máis por Rafa Sanz, completou un plantel temible que comezou a tempada realmente en forma. No posto de base Eduardo Sanchez levará, un ano máis, a batuta, acompañado polo ex-Pamesa Pedro Llompart, que sempre se mostrou coma un xogador clave na LEB e destaca coma bo lanzador. Samuel Albertos, xoven promesa local, busca esta tempada oportunidade de conseguir minutos na liga LEB. No perímetro destaca a xa comenada presencia de Antwain La´Mar Barbour, líder indiscutible do equipo que está ante o ano da súa consagración. Tamén deberá ter ollo con Fran Sánchez e José Iván Rodriguez, outros excelentes lanzadores dende os 6,25. No interior, Diego Guaita, tras unha excelente tempada en Ourense, estase a mostrar sin problemas de adaptación a nova categoría e manten guarismos similares os que o fixeron home destacado da LEB 2. Neste aspecto, a zona canaria é sen dúbida a que máis cambiou dende o pasado ano, cos fichaxes de Chris Alexander, un home que parece que está a ter certas dificultades para manter a categoría, Kirl Waschmann, que ven de facer unha boa tempada en La Palma, Joseph Lewis, que case alcanza o ascenso con Cantabria, e Fotios Lampropoulos, destacado en L´Hospitalet o pasado ano.
No apartado de baixas, só hai, a priori, unha que lamentar: a xa coñecida de Albert Fontet. Flinder Boyd, que acendeu tódalas alarmas en La Palma tras lesionarse nos quecementos. Tras adestrar co grupo dende o mércores, todo indica que poderá xogar sin problemas. Ademáis, agárdase que Corsley Edwards, que xa fixo un bo partido en La Palma, esté por fin o 100% cómodo nos sistemas de Félix Muñoz. O Tenerife, pola súa parte, poderá contar con tódolos seus xogadores.


Enfrontamentos previos [2-6]

Ata 8 veces, 4 tempadas, se encontraron Rosalía e Tenerife. Todas elas na liga LEB pois, pese as diferentes traxectorias que levaron os dous equipos nos derradeiros anos, sempre que o Rosalía estivo na liga LEB os canarios disputaron esta misma, iso sí, sempre con aspiracións diferentes (de feito, tras 4 anos na LEB, a tempada 02-03 supuxo o ascenso canario e descenso galego). Só dúas victorias composteláns en estos oito partidos, unha en Santiago e outra en Santa Cruz de Tenerife. Estos son os enfrontamentos:
TEMPADA 1999-2000 (0-2)
Xornada 04 Tenerife Baloncesto 82-74 Ulla Oíl Rosalía
Xornada 27:Ulla Oil Rosalía 82-87 Tenerife Baloncesto
TEMPADA 2000-2001 (1-1)
Xornada 09: Rosalía de Castro 70-84 Tenerife C.B.
Xornada 24: Tenerife C.B. 76-86 Rosalía de Castro
TEMPADA 2001-2002 (1-1)
Xornada 07: Ulla Oíl Rosalía 84-76 Tenerife Baloncesto
Xornada 22: Tenerife Baloncesto 99-70 Ulla Oíl Rosalía
TEMPADA 2002-2003 (0-2)
Xornada 11: Unelco Tenerife 73-50 Ulla Oíl Rosalía
Xornada 26: Ulla Oíl Rosalía 77-84 Unelco Tenerife


ESTADÍSTICAS TEMPADA (FEB.es):

- BEIRASAR ROSALÍA (6º clasificado; 5-2 /// 77.6 pts a favor; 75.6 pts en contra, 29.3 rebotes por partido)
- TENERIFE RURAL (5º clasificado; 5-2 /// 87.6 pts a favor; 83.4 pts en contra, 32.1 rebotes por partido)

Pavillón: Multiúsos Fontes do Sar
Hora: 21:00

TV: -
Radio:: Imagen; Imagen (106.1 FM)
Internet: Imagen
Publicado por fibergran @ 11:25  | Previas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios