Domingo, 04 de Novembro de 2007
U.B. LA PALMA 92-90 BEIRASAR ROSALÍA
Imagen

-> Sebas Arrocha, espectacular, liderou ó conxunto palmero.
-> De novo no derradeiro cuarto o rosalía a piques estivo de remontar.
-> Flinder Boyd causou baixa na rolda de quecemento.


As cousas comezaron a ir mal xa antes de comenzar o partido. Coma xa diciamos, no adestramento previo, o primeiro base do equipo, sen tempo de reacción, mancábase e non podía aportar o equipo. Un desatinado Binetti e un Nick Moore que segue a ter que mellorar en defensa tomaron o relevo. Defensa, outra palabra clave. O propio Félix Muñoz o apuntou na rolda de prensa: o bo papel do equipo pasa pola excelente defensa, somos un equipo ante o cal os rivais non conseguen anotar con facilidade. Onte os locais anotaron con menos oposición da esperada. A defensa compostelana tardou moito en carburar. Demasiado.
Pese a iso, no primeiro cuarto o Rosalía, co acerto anotador e o dominio dun Edwards que, sen estar aínda todo o conxuntado que se podería desexar cos sistemas, xa demostra todo o que pode aportar na pintura, o Rosalía mantívose no partido e mesmo foi lixeiramente superior (22-24) ó conxunto canario, que se mantiña con vida grazas a inspiración do base Carlos Canals. Un espellismo. A partires do segundo cuarto ocurriu todo o comentado antes, que únido a inspiración visitante e a un recén chegado, Diene, que fixo moito dano, ampliaron as vantaxes progresivamente dende a partir do minuto quince de partido. En só 5 minutos xa alcanzaran os 9 de vantaxe (47-38) e, cun Sebas Arrocha en estado de gracia, chegaría a domiñar de ata 17 puntos no terceiro cuarto, que remataría con 68-56. O Rosalía non funcionaba en ataque nin en defensa, e a permisividade dos árbitros resultou desta vez contraria aos intereses dos nosos (o final do partido, 36 tiros libres lanzaron os canarios por 12 dos galegos).
No derradeiro cuarto sí, saíu o Rosalía que gañou 5 partidos consecutivos, o Rosalía que chegou colider á Illa Bonita, o que, pese a derrota, segue a ocupar un posto de privilexio na LEB Ouro. O Rosalía conseguiu reducir as vantaxes, aos locáis entráballe o nerviosismo, e a falta de sete segundos conseguía o 80-80 co que finalizaba o partido.
Na prórroga, a primeira da temporada para o Rosalía (non para o UB La Palma). Brad Oleson abría o marcador no complementario cun triple, pero foi respondido por Sebas Arrocha, que metería outro máis adiante dende os 9 metros. O capitán foi decisivo na victoria local, e o Rosalía caeu finalmente pese a entrega e a casta ofrecidas. Non puido ser, e agarda un calendario terrorífico (Tenerife, Bruesa, CAI e Huelva), pero o optimismo non cae aínda no plantel compostelán.

- ESTADÍSTICAS (FEB).
- Videoresumen TVG (Telexornal)

Publicado por fibergran @ 18:04  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios