Xoves, 01 de Novembro de 2007

Tras cosecha-la súa primeira derrota da tempada ante Lleida, o Rosalía emprenderá hoxe un longo viaxe para aterrizar na illa da Palma, onde buscará voltar a senda do triunfo ante o UB, un conxunto que chega con urxencias, pois aínda non conseguiu alcanzar a súa primeira victoria esta tempada, si ben é certo que ven mostrando melloría no seu xogo nos derradeiros partidos. Tras 4 boas tempadas na LEB (onde só na 04/05, a súa segunda experiencia, sufriu para salvarse), onde mesmo chegou a desputa-los play-offs de ascenso nunha ocasión, o equipo da illa bonita está a vivir o seu inicio de tempada máis complicado, influído tal vez pola remodelación a fondo do equipo. En situación totalmente contraria viaxa o Rosalía, tamén na súa quinta tempada na LEB, pero primeira tras 4 anos na categoría inferior, onde está a facer un comezo de campaña ilusionante.
O rival de esta xornada, coma diciamos, sufriu unha importante remodelación do plantel, comezando polo adestrador, sendo Ñete Bohigas o que sustituíu a Eloy Doce (actualmente en Ourense). Se no banco o equipo será dirixido por Ñete, un home con experiencia na categoría, na cancha os encargados de dirixir o equipo serán Carles Canals e David Gil, ambos compañeiros en Melilla o ano pasado con éxito. No perímetro destaca a presencia do capitán Sebas Arrocha e do extracomunitario Anthony Johnson, se ben Héctor Manzano xa demostrou en Gandía que é unha rotación de calidade e Carlos Martinez, que chega da EBA, buscará esta tempada facerse un oco na categoría. Na pintura o rendemento está a ser bastante menor do esperado. Se ben Isma Torres está a responder ben (é o MVP do equipo), nin Reggie Moore, nin Yao Francis Koffi nin Mario García están a rendir. Por eso, a directiva palmeña moveu ficha e fichou esta semana o pivote comunitario Yamar Diene, que deberá aportar un plus defensivo o equipo.
No capítulo de baixas, unha semana máis, no Rosalía non poderá xogar Albert Fontet, aínda recuperandose da lesión. Sen embargo, tras xa 10 días adestrándose co equipo, agárdase que Corsley Edwards esté xa ben adecuado os sistemas e poida aportar todo o que se agarda del. No UB La Palma tampouco hai baixas salientables, se ben o recién chegado Diene levará só 2 días na illa e non parece que poida adecuarse os sistemas, coma lle pasou a Edwards ante Lleida. Pese a todo, salvo problemas de derradeira hora, desputara os seus primeiros minutos.



Enfrontamentos previos [0-0]

Pese a que ambos equipos comezan a que é xa a súa quinta temporada en LEB, e tamén ambos teñen considerable experiencia na LEB 2, este será o primeiro partido no que Rosalía e La Palma se vexan as caras, pois o UB La Palma chegaba a Liga LEB na tempada 03-04, xusto o ano no que o Rosalía a abandonaba tras descender a LEB Prata. Dende ese momento, ambos desputaron 4 tempadas nesas respectivas categorías ata o ascenso compostelán o pasado ano.


ESTADÍSTICAS TEMPADA (FEB.es):

- U.B. LA PALMA (18º clasificado; 0-6 /// 73.8 pts a favor; 88.7 pts en contra, 31.3 rebotes por partido)
- BEIRASAR ROSALÍA (4º clasificado; 5-1 /// 75.7 pts a favor; 72.8 pts en contra, 29 rebotes por partido)


Pavillón: Insular de Miraflores
Hora: Venres, 21:45 (20:45 hora insular)

TV: -
Radio:: -
Internet: Imagen
Publicado por fibergran @ 13:33  | Previas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios