Luns, 29 de Outubro de 2007
Imagen


Interesante sexta xornada na Adecco LEB Ouro que serviu, de entrada, para rematar cos invictos na liga. Só quedaba un, o noso, e non puido co Lleida, que viña de derrotar por primeira vez a Alicante, xa no primeiro partido da xornada, adiantado ó mércores.
Entrados xa na xornada de venres, cos dous duelos de rivais directos polo ascenso. En Santander o Alerta cosechaba a primeira derrota na súa casa ante un Tenerife Rural que se sigue comportando coma un equipo sólido e, cun bo segundo tempo, conseguía levarse o partido con certa comodidade tras dous primeiros cuartos igualados. Mentres, en Huelva, Breogán perdía un partido no derradeiro cuarto, alexabase a dous partidos do cuarteto de cabeza e daba aire a un Ciudad que chegaba moi necesitado. O CAI Zaragoza, pola súa parte, segue a mostrarse intratable e sin dar ningunha opción aos rivais máis modestos; desta volta, Burgos.
Tamén na xornada do venres dous partidos importantes pola zona baixa: Melilla e Inca enfrontabanse nun partido que finalmente se levaba o conxunto insular, o igual que o La Laguna-Hospitalet. Menstres tanto, outro equipo chamado a sufrir, Los Barrios, conseguía vencer a un Palma Aqua Mágica que aínda non carbura.
Os dous partidos que quedaban servían para demostrar que nesta liga ninguén regala nada. Dous dos equipos de cabeza, Bruesa e Alicante, sufrían o principio ante dous dos colistas, UB La Palma e Gandía, aínda que un derradeiro cuarto no que sacaban toda a súa artillería conseguían decidi-lo partido para o seu casilleiro de victorias.


Ciudad de Huelva 74-73 Leite Río Breogán
Autocid Ford Burgos 60-86 Basket CAI Zaragoza
Aguas de Valencia / Gandía 77-83 Bruesa GBC
Alerta Cantabria Lobos 67-81 Tenerife Rural
Alicante Costa Blanca 95-76 UB La Palma
Beirasar Rosalía 73-77 Plus Pujol Lleida
Ciudad de La Laguna 95-86 CB L´Hospitalet
Villa de Los Barrios 68-66 Palma Aqua Mágica
Melilla Baloncesto 61-68 Fundació Basquetinca.com


01. Alicante Costa Blanca [5-1] (+88)
02. Tenerife Rural [5-1] (+34)
03. Bruesa GBC [5-1] (+24)
04. Beirasar Rosalía [5-1] (+16)
05. Basket CAI Zaragoza [4-2] (+72)
06. Plus Pujol Lleida [4-2] (+13)
07. Ciudad de La Laguna [4-2] (+5)
08. Leite Río Breogán [3-3] (+32)
09. Ciudad de Huelva [3-3] (+11)
10. Alerta Cantabria Lobos [3-3] (+7)
11. CB L´Hospitalet [3-3] (-16)
12. Palma Aqua Mágica [2-4] (-14)
13. Fundació Basquetinca.com [2-4] (-14)
14. Melilla Baloncesto [2-4] (-22)
15. Villa de Los Barrios [2-4] (-45)
16. Aguas de Valencia - Gandía [1-5] (-14)
17. Autocid Ford Burgos [1-5] (-79)
18. UB La Palma [0-6] (-89)


Resultados , estadísticas e clasificacións en FEB.es
Comentarios