Xoves, 25 de Outubro de 2007
BEIRASAR ROSALÍA 73-77 PLUS PUJOL LLEIDA
Imagen
[LEER EN CASTELLANO]

-> O pésimo segundo cuarto e a inferioridade reboteadora, puntos decisivos.
-> Un espectacular derradeiro cuarto permitiu rozar a remontada.
-> Mainoldi, Oleson e os árbitros, os grandes protagonistas.


Non puido ser. Rozouse a remontada e a sexta victoria consecutiva, pero non puido ser. O Rosalía encontrouse o mércores cun equipo excepcional ante o que non se deben cometer erros. Cometeronse e perdeuse, pese a que as sensacións seguen a ser boas para a súa afección, que lle adicou o equipo un amplio e sonoro aplauso o remate do encontro.
O Roslía chegaba o partido coma líder, e coma líder saíu a cancha. Un parcial de saída de 18-3 prolongaba a ilusión e obligaba xa no minuto 4 a Edu Torres a pedir o primeiro tempo morto do partido. Os cambios supliron efecto, e o Plus Pujol, liderado por un Comas moito máis acertado que Jones, e aproveitando a súa superioridade baixo os aros, conseguía devolve-lo parcial e deixar o partido a tiro de pedra xa no descanso, 22-18. O comezo do segundo cuarto foi bastante estraño, os dous equipos sufrían moito para encontrar aro e as defensas superaban claramente os ataques. Foi o cuarto no que debutou Corsley Edwards, que apenas puido aportar tras un só adestramento co grupo. A falta de catro minutos os cataláns conseguían poñerse por diante por primeria vez no partido (24-25) e o golpe moral foi demasiado duro para un Rosalía que sofriu unha páxara importante. Os composteláns seguían sin conseguir encontrar aro e os ilerdenses aproveitaban o desconcierto destes. Mainoldi rompía o rival e domiñaba o partido en ataque e en defensa, por dentro e por fora. Convertíase no dono absoluto do partido. Lleida superaba os 10 de diferencia en apenas 2 minutos e apuntillaba o partido tras aproveitar unha técnica a falta de 8 segundos e anotar 4 puntos consecutivos.
Pese a mala imaxe do segundo cuarto, o equipo foi recibido da volta do descanso con aplausos, e devolveu a afección o ánimo en forma de canastas e bo xogo. Nos primeiros minutos do terceiro cuarto conseguía xa baixar dos nove puntos de distancia, pero o carrusel de faltas sinalados polos colexiados en contra dos locais impediu que os composteláns poidesen aproveitar un dos seus puntos fortes, a presión defensiva. Baixada esta por motivos evidentes, e con Mainoldi facendo cada vez máis dano por dentro e os exteriores acertando no tiro de tres, Lleida conseguía volver a conseguir vantaxes importantes. Un triple sobre bocina poñía a Lleida 20 puntos arriba a falta de só 10 minutos.
Todo parecía visto para sentencia, pero o Rosalía non estaba disposto a tira-la toalla. Nada máis saír Montañana conseguía un 3+1 e unha fortísima presión defensiva do Rosalía provocaba que o Lleida cometese infracción de 8 segundos. Era o presaxio do que ía se-lo derradeiro cuarto do partido. O Rosalía sacaba a casta e apelaba a épica sin deixar de xogar con cabeza, e en só 4 minutos as diferencias xa re reduciran a 7 puntos. Varias veces chegou a poñerse a 6 o Rosalía ante un Lleida que temía polo partido, e en dúas ocasións de elas estivo a piques de reducir a 3 a distancia con sendos triples de Ramsdell que se saíron (literalmente no segundo caso) do aro. Tras este erro, chegaba o momento que decidiu o partido, unha moi rigurosa falta de Monañana supoñía a quinta e expulsión do pivot referente do Rosalía, aderezada despois por unha sorprendente técnica que mataba o partido. O Rosalía chegaba finalmente os 4 puntos, pero faltoulle tempo. Chegaba a primeira derrota da tempada. O que si conseguiu é a ovación dun público menos numeroso do habitual (unhas 1000 persoas, influido pola mala hora do partido) pero totalmente entregado e en sintonía do equipo, e que despediu os árbitros cunha moi sonora pitada.

- ESTADÍSTICAS (FEB).
- Videoresumen TVG (Telexornal)


Crónicas do partido:
- EL CORREO GALLEGO
- FEB.es
- LLEIDABASQUET.com
Publicado por fibergran @ 12:14  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios