Martes, 23 de Outubro de 2007


Chega a sexta xornada da Adecco LEB Ouro, e o Rosalía, co paso do tempo, parece seguir convertíndose nun dos equipos máis en forma da liga, e chega desta volta como líden en solitario e único equipo sen coñecer a derrota. Enfronte, desta volta, estará o Plus Pujol Lleida, outro equipo que demostrou estar tamén en boa forma a pasada xornada e chega nun gran estado anímico tras facer perder a condición de invicto a Alicante Costa Blanca, xesta que tratará de repetir agora cos santiagueses.
O rival de mañá é aínda recordado polo reu recente pasado na máxima categoría do basket nacional, categoría que busca recuperar un ano máis cun plantel fortemente competitivo e capaz de vencer a calquera, coma demostrou ante Alacante. Neste conxunto hai que destacar sen dúbida a Leo Mainoldi, pivote que cheira a ACB e espera estar ante o seu ano de consagración definitiva. Estará ben acompañado na pintura con homes de futuro que son quen de aportar minutos de calidade, intimidación e rebotes, coma Rafael Hettsheimeir e Marcus Vinicius. Erek Hansen, chamado a ser un referente, estivo lesionado e aínda non debutou.
Pero a calidade ilerdense non se limita a un xogo interior de luxo. Sabedor do caro que está o ascenso a ACB, o Plus Pujol apuntillou un plantel realmente compensado e con xogadores de calidade en tódalas liñas. Tanto o base Marco Tomas, coma os aleros David Ferguson e Alberto Miguel son recordados polo seu reciente pasado ACB, as que lle hai que sumar a derradeira incorporación do equipo, o base Brian Jones, gran defensor e asistente. Como vemos, un equipo temible que aspira a todo esta tempada buscando esquencer a mala experiencia da tempada anterior.
No capítulo de baixas, unha semana máis, o Rosalía terá que lamentar a baixa por lesión de Albert Fontet. Contará con todo o resto do equipo, incluída a derradeira incorporación, o pivot Corsley "Big Dog" Edwards, pese a que só terá un adestramento compartido cos seus compañeiros e o propio Félix Muñoz avisa que a súa incidencia no xogo será progresiva a medida que se vaia adecuando os sistemas. Por parte visitante, o Lleida poderá contar con todo o seu plantel, parece, despois de que Hansen fose finalmente convocado o saír da lesión que o tiña inoperativo, para desputar os seus primeiros minutos, pero non estará, lóxicamente, o 100%.


Enfrontamentos previos [0-4]

Só dúas tempadas se encontraron as súas caras Rosalía e Lleida, precisamente nas dúas primeiras temporadas que o Rosalía desputaba na LEB en toda a súa historia: 99/00 e 00/01. Foron tamén as dúas primeiras tempadas do Lleida Basquet en LEB, pois ambos equipos comparten, curiosamente, o seren os dous equipos beneficiados da ampliación da liga LEB (de 14 a 16 equipos) do ano 1999. Sen embargo, xa dende a primeira tempada falamos de traxectorias opostas nesta primeira etapa. Mentres que o Lleida buscaba dende o primeiro momento metas maiores, conseguindo de feito o ascenso en só dous anos, mentres que o Rosalía partía co presuposto máis baixo da categoría e co único obxectivo de manterse na categoría, que conseguiu durante 4 anos. Como vemos, os precedentes non son bos para os locais, que tratarán de conseguir a primeira victoria ante os cataláns:
TEMPADA 1999-2000 (0-2)
Xornada 12: Ulla Oil Rosalía 91-93 Caprabo Lleida
Xornada 27: Caprabo Lleida 81-72 Ulla Oil Rosalía
TEMPADA 2000-2001 (0-2)
Xornada 04: Caprabo Lleida 87-67 Rosalía de Castro
Xornada 19: Rosalía de Castro 80-92 Caprabo Lleida

ESTADÍSTICAS TEMPADA (FEB.es):

- BEIRASAR ROSALÍA (1º clasificado; 5-0 /// 76 pts a favor; 72pts en contra, 29 rebotes por partido)
- PLUS PUJOL LLEIDA (8º clasificado; 3-2 /// 76.6 pts a favor; 74.8 pts en contra, 31.2 rebotes por partido)

Pavillón: Multiúsos Fontes do Sar
Hora: Mércores 24, 20:00

TV: -
Radio:: Imagen (106.1 FM);
Internet: Imagen
Publicado por fibergran @ 12:08  | Previas
Comentarios (2)  | Enviar
Comentarios
e digo eu, cómo é o sistema de ascenso á ACB? Teño entendido que ascenden 3. Estou algo perdido e sorprendido co equipo.
Publicado por phuma
Mércoles, 24 de Outubro de 2007 | 11:34
Ascenden 2: 1 directamente.
O outro chega dunha fase de ascenso (non exactamente play-offs) que desputan os clasificados entre o posto 2 ao 9.
O ascenso parece imposible, pero quen sabe, o de colarse entre os 9 primeiros cada vez semella máis factible.
Publicado por fibergran
Mércoles, 24 de Outubro de 2007 | 18:54