Luns, 22 de Outubro de 2007

-> Só unha chamada dun club ACB nas vindeiras 24 horas podería votar atrás a fichaxe do ex-xogador do Granada.

Corsley Edwards vestirá, salvo imprevistos, a camisola do Beirasar Rosalía esta tempada. Imprevistos que se reducen, en realidade, a chamada dun equipo ACB antes de que remate o día de hoxe, que mediante unha cláusula de escape, o desvincularía do conxunto compostelán. Esta posibilidade, sin embargo, resulta complicada e o propio xogador viaxará hoxe mesmo a Santiago de Compostela para asina-lo contrato co seu novo clube. Se todo vai ben o americano poderá participar por primeira vez no adestramento do Martes e podería debutar no partido do Mércores ante Plus Pujol Lleida, aínda que o adianto dese partido sería especialmente negativo para Rosalía e Edwards debido a falta de tempo para acoplarse os sistemas de Félix Muñoz.
Corsley Edwards chegou a xogar na NBA, pasando directamente dende a Lega Due a millor liga do mundo tras unha excelente tempada na segunda italiana. Xa antes fora elexido na segunda ronda do Draft do 2000 (nº 58) por Sacramento Kings pero nunca chegaría a xogar no conxunto texano (pese a foto de arriba). Foi, como dicimos, na tempada 2004/2005 cando chegou a NBA da man dos Orlando Magic, onde sin embargo so desputaría dous partidos (10 minutos, 4.5 puntos, 2.5 rebotes), sendo traspasado antes do seu remate a New Orleans Hornets, onde xogou 10 partidos (11 minutos, 2.7 puntos, 2.5 rebotes).
En España a súa traxectoria está ligada íntimamente ao CB Granada, onde estivo en dous periodos diferentes, en ambas ocasións para suplir unha baixa dos granadinos. A súa primeira experiencia era na tempada 05/06, onde desputaba tan só 6 partidos, promediando 9.7 puntos e 3.2 rebotes. A segunda etapa en España serían precisamente as 4 primeiras xornadas desta tempada, cun contrato que rematou precisamente onte domingo, promediando 22 minutos, 9 puntos, 3.3 rebotes, para 11.5 de valoración.
Está é a súa traxectoria en pasados anos (cortesía da Guía Marca ACB 2008. Premer para ver en maior tamaño):
premer para ver a tamaño maior


-> Ver plantel actualizado Beirasar Rosalía 2007-2008
Publicado por fibergran @ 16:46  | Novas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios