Luns, 22 de Outubro de 2007
Imagen


O Beirasar Rosalía erixiuse no gran protagonista da quinta xornada da Adecco LEB Ouro o convertirse no sorprendente líder en solitario da competición grazas a súa victoria en Hospitalet e a derrota, tamén en Catalunya, desta volta en Lleida, do Alicante Costa Blanca. E iso que o Alicante segue a mostrar unha boa cara nesta LEB, pero desta volta, o bo traballo do Plus Pujol, chamado a loitar polo ascenso, e a pequena dose de sorte que tiveron os composteláns e faltoulle a alicantinos. Desta forma, Beirasar segue a ser o único invicto seguido de preto por Lucentum, pero tamén por Tenerife, pese a que sofriu ata o último minuto para vencer a Gandía en casa, e Bruesa, que segue a reivindicarse coma un dos grandes favoritos o vencer, sen brillos pero sen dificultades, a Burgos en Illumbre. Tamén se reivindica un dos seus xogadores, Andy Panko, coma dominador e estrela desta liga, o conseguir 41 de valoración, algo ao que, máis ou menos, vainos xa acostumando.
Ata 6 equipos lle siguen por detrás, destacando a CAI Zaragoza, que venceu con certa comodidade a un equipo sempre complicado coma o Ciudad de Huelva, e a Breogán, que a súa terceira victoria consecutiva de forma holgada ante un Melilla que viña de conseguir 2 triunfos consecutivos.
Pola zona baixa, primeira victoria de Villa de Los Barrios en casa dun Inca con problemas e co recién chegado Moss o rescate (15+9). Igualan así ao seu rival do Venres, e tamén a Gandía e Burgos (que baixa a zona de descenso tras dúas abultadísimas derrotas), e coloca ao UB La Palma coma único equipo que non coñece a victoria tras 5 intensas xornadas.


Basket CAI Zaragoza 91-79 Ciudad de Huelva
Leite Río Breogán 81-63 Melilla Baloncesto
Fundació Basquetinca.com 80-81 Villa de Los Barrios
Palma Aqua Mágica 99-77 Ciudad de La Laguna
CB L´Hospitalet 80-81 Beirasar Rosalía
Plus Pujol Lleida 78-76 Alicante Costa Blanca
UB La Palma 81-88 Alerta Cantabria Lobos
Tenerife Rural 86-83 Aguas de Valencia / Gandía
Bruesa GBC 82-68 Autocid Ford Burgos


01. Beirasar Rosalía [5-0] (+20))
02. Alicante Costa Blanca [4-1] (+69)
03. Tenerife Rural [4-1] (+20)
04. Bruesa GBC [4-1] (+19)
05. Basket CAI Zaragoza [3-2] (+36)
06. Leite Río Breogán [3-2] (+33)
07. Alerta Cantabria Lobos [3-2] (+21)
08. Plus Pujol Lleida [3-2] (+9)
09. Ciudad de La Laguna [3-2] (-4)

10. CB L´Hospitalet [3-2] (-7)
11. Ciudad de Huelva [2-3] (+10)
12. Palma Aqua Mágica [2-3] (-12)
13. Melilla Baloncesto [2-3] (-15)
14. Aguas de Valencia - Gandía [1-4] (-8)
15. Fundació Basquetinca.com [1-4] (-21)
16. Villa de Los Barrios [1-4] (-47)
17. Autocid Ford Burgos [1-4] (-53)
18. UB La Palma [0-5] (-70)


Resultados , estadísticas e clasificacións en FEB.es


Comentarios