Domingo, 21 de Outubro de 2007
CB L´HOSPITALET 80-81 BEIRASAR ROSALÍA
Imagen

-> Un libre de Boyd e un rebote de Oleson decidiron o partido nos derradeiros 8 segundos.
-> A faceta reboteadora, sen embargo, claramente inferiores os locais (43-30).
-> Oleson, con 19 puntos e 6 rebotes, o millor do partido.


Sabía o Rosalía que para seguir invicto ía a ter que sufrir nunha cancha complicada, cunha afcección quente e se cabe máis caldeada polo caso Ibaka. Sabía tamén da teórica clara superioridade nos rebotes do seu rival, máis trala lesión de Fontet (o teito do equipo) e coa falta da chegada do segundo americano. E todo se cumpriu. Pese a todo, os composteláns foron quen de facerse coa súa quinta victoria da tempada en outros tantos partidos. E foi a quinta a máis dura, a máis sofrida. Tamén a máis polémica, pois en Hospitalet escoitaronse fortes protestas a actuación arbitral en varias ocasións do partido. Foi tamén unha victoria na que a sorte quiso, en certo modo, estar cos santiagueses, pois se o derradeiro intento de Forcada fose uns centímetros máis suave estariamos a falar dunha historia diferente. Foi dificil, pero foi, e o Rosalía alzase o liderato en solitario trala derrota de Alacante en Lleida.
Tras un comezo sen domiñador claro, un primeiro tempo de Félix Muñoz co partido igualado provocaba un parcial de 0-9 que poñía por diante a Rosalía 13-19 a falta de pouco menos de 3 minutos, que ameazaba con irse do marcador e rompe-lo partido. Sen embargo, reaccionaba Hospitalet e nestes derradeiros minutos conseguía mesmo rematar por diante no final do primeiro cuarto.
O segundo cuarto foi o millor para o conxunto visitante. Félix Muñoz variaba os sistemas defensivos obligando a Hospitalet a abusar do intento dende a liña de 6,25 sen excesivo acierto. Pola súa parte, os pivots do Rosalía respondían e pese a que a superioridade reboteadora seguía a ser local (de mans, sobretodo, de Antelo, que remataba con 9, e Copeland, 12), a aportación ofensiva dos pivotes de Hospitalet na pintura era escasa. Froito de esto, o Rosalía volvía a amagar con escaparse chegando a poñerse a 8 puntos, vantaxe reducida no descanso a 5, 36-41.
O terceiro cuarto comezaba cun gran Ramsdell que conseguía poñer a Rosalía cunha vantaxe de 8 puntos aos poucos minutos, pero serían neutralizados pronto polos locais. Pese a conseguir nun par de ocasións rentas similares (alcanzando os 9 que marcarían a máxima renta), Hospitalet era quen de reducilas de novo e, con dous triples consecutivos de Forcada, conseguía irse o derradeiro descanso co 60-63 no electrónico.
No derradeiro cuarto mantívose a igualdade en todo momento. O Rosalía mantiña leves vantaxes ata o minuto 34. Nese momento o Hospi, tras ir a remolque sempre, conseguía volver a poñerse por riba no marcador (66-65), algo que non conseguía dende o primeiro cuarto. A partir de ahí o partido moveuse sempre por baixo dos 2 puntos de vantaxe, con ambos equipos sucedendose na dianteira do marcador. A falta de un minuto Corbacho anotaba un triple que colocaba a Hospitalet 80-77, pero Oleson devolvíao na canasta contraria. Na seguinte posesión Rosalía roubaba o balón e Boyd forzaba unha falta. Tras fallar o primeiro tiro, aseguraba o segundo. Quedaba unha posesión curta que defender, algo que non conseguira con eficacia Rosalía en xa 2 fin de cuartos. Desta volta sí que se defendía ben, Forcada entraba forzado a canasta e fallaba, o rebote escapaballe a Antelo e caía nas mans de Curtis Bobb. O Rosalía segue invicto e, unhas horas máis tarde, sabería que o era en solitario trala derrota do Alicante Costa Blanca.

- ESTADÍSTICAS (FEB).
- Videoresumen TVG (Telexornal)


Crónicas do partido:
- EL CORREO GALLEGO: El Beirasar iguala el record de Valls al sumar su quinta victoria consecutiva
- SOLOBASKET.com: Rosalía se mantiene invicto tras vencer en L’Hospitalet 80-81
- FEB.es: Rosalía, único invicto de la Adecco LEB
- MARCA: El Beirasar Rosalía, líder en solitario de la LEB
BASKETME.com: Rosalía sigue lider tras vencer en Hospitalet
Publicado por fibergran @ 20:14  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios