Venres, 19 de Outubro de 2007
Imagen

Volven os vellos problemas ao Sar. Problemas para o Rosalía, claro. Pese o ascenso a liga LEB e o considerable aumento de público nos seus partidos, o conxunto santiagués segue a encontrarse con problemas por parte do Concello e da xerencia do Multiúsos Fontes do Sar para conseguir un horario fixo e respetado nos seus partidos, coma xa pasara na pasada tempada demasiado a miúdo.
Desta volta a historia non tardou en repetirse, bastaron 3 xornadas coma local para ver o primeiro cambio de horario. Debido a celebración da "Feira Electroactiva 2007" (dedicada a, sic, electrodomésticos) no recinto deportivo (os máis agudos preguntaranse, como soe suceder, sen encontrar resposta algunha, por qué non se celebra no Recinto Feiral de Amio) que se celebrara o Sábado 27 de Outubro (o que provoca o peche das instalacións non só o Sábado, senon tamén o Venres e o Xoves).
Deste modo, o Rosalía terá que xogar o partido o Mércores 24 as 20:00 horas, con todo o que isto conleva: complicacións para o público nun dos partidos máis atractivos da liga, pouco descanso para un plantel corto a espera da chegada do segundo americano, e acusado polas lesións (Rosalía xogará esta semana en Hospitalet o Sábado, non o Venres. Tamén Lleida xogará ese día)... en fin, coma se adoita a dicir nestes casos: "eche o que hai".
Publicado por fibergran @ 9:21  | Novas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios