Xoves, 18 de Outubro de 2007

A quinta xornada da liga Adecco LEB enfrontará aos dous equipos con menor presuposto da categoría. Sen embargo, este dato non debería enganar pois, pese aos axustados presupostos, ambos equipos foron quen de facer un gran inicio de tempada e chegan a este encontro coas espadas en alto. O Beirasar Rosalía chega a este partido todavía invicto e coa ilusión de igualar o millor comezo da historia protagonizado por un recén ascendido na liga LEB. Pola súa parte, Hospitalet fixo o equipo máis xoven da categoría, pero contando con xogadores de contrastada calidade coma o (pretendido polo Rosalía este verán) santiagués Xose Anxo Antelo.
No apartado de baixas, o Rosalía volve a contar coa baixa de Fontet, que trala súa operación aínda será baixa polo menos 3 semanas máis. Por contra, parece que Giorgio Dedas poderá xogar, o igual que Brad Oleson, que tralo breve susto o mancarse o nocello no adestramento do luns e perderse o do martes, puido adestrar onte con normalidade e parece que poderá xogar, aínda que non o 100% en Hospitalet.
O conxunto local non ten, en cambio, que lamentar ningunha baixa por lesión e poderá contar con todo o seu plantel coa excepción,
xa comentada, do congoleño Serge Jonas Ibaka, que será dúbida ata última hora (recordamos que no seu debut en Alacante tamén o foi ata minutos antes do partido) e que será, en caso de non poder xogar, sustituído por Chris Copeland, pivote cortado no seu día por Rosalía.


Enfrontamentos previos

Ao igual que a semana pasada ante Palma Aqua Mágica, Rosalía e Hospitalet só se viron as caras nunha soa tempada, na LEB-2 do ano 2004-2005, que remataría co ascenso de Hospitalet e coa salvación in-extremis e tras play-out do Rosalía. A diferencia entre aqueles dous equipos era máis que evidente vendo a situación na que remataron a liga, e o Hospitalet conseguiu demostrala con dúas victorias en outros tantos partidos.
TEMPORADA 2004-2005 (LEB2)
Xornada 04: Noyastar Rosalía 77-86 CB L´Hospitalet
Xornada 20: CB L´Hospitalet 98-81 Noyastar Rosalía

ESTADÍSTICAS TEMPADA (FEB.es):

- CB L´HOSPITALET (6º clasificado; 3-1 /// 78.8 pts a favor; 80.3 pts en contra, 34.8 rebotes por partido)
- BEIRASAR ROSALÍA (2º clasificado; 4-0 /// 72.3 pts a favor; 70 pts en contra, 28.8 rebotes por partido)


Pavillón: Centre Esportiú L´Hospitalet Nord
Hora: Sábado 20, 18:00

TV: -
Radio: Imagen (96.2 e internet; Conexións en directo no programa "Galicia en goles")
Internet: Imagen
Publicado por fibergran @ 12:02  | Previas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios