Martes, 16 de Outubro de 2007
Imagen

A cuarta xornada da liga Adecco LEB Ouro había decidido, de entrada, deixar o millor partido para o seu peche. Xa con tódolos resultados coñecidos, CAI Zaragoza e Leite Río Breogán saltaban a cancha dun repleto Pabillón Príncipe Felipe para dar un espectáculo próximo á ACB. O CAI saía desconectado o partido mentras que Breogán, sabedor do preocupante que resultaría quedar descolgado dende o principio. O 18-29 de parcial no primeiro cuarto non deixaba lugar a dudas, e seguiría a crecer. No segundo os lugueses conseguían a maior vantaxe do partido (24-45) que se reduciría a 14 chegado o descanso. Pero tras este o CAI espertou e a piques estivo de amargarlle a tarde o Breo. A falta de 3 minutos conseguía por primeira vez no partido o empate (73-73), pero dous triples consecutivos dos visitantes facían demasiado dano a un Zaragoza que parecía que fixera o máis complicado. O final, victoria do Breogán 81-88, que amargaban deste modo o fin de festas aos maños no puente do Pilar.
Os outros dous grandes protagonistas serían, unha xornada máis, Alicante e Rosalía. Do noso partido xa falamos largo e tendido e do dos alicantinos non hai moito que dicir. Imparables dende o comezo, os alicantinos domiñan a competición e asustan aos seus rivais. L´Hospitalet (invicto ata o domingo e vindeiro rival do Rosalía) non tivo nada que facer e nunca entrou no partido, sendo o bo debur de Serge Ibaka a millor nova para os cataláns. Outros dous equipos chamados a chegar alto nesta liga, Huelva e Bruesa, enfrontábanse en casa do primeiro o Venres. Pese a que viña asustando, o equipo donostiarra tivo que sudar para facerse coa victoria nunha cancha que será, un ano máis, moi complicada nesta LEB.
E na parte noble da clasificación manteñense, unha semana máis, Tenerife e La Laguna. Os dous conxuntos da isla tinerfeña humillaron a Burgos e Inca, respectivamente. Menos solvencia a que se lle está a ver o outro equipo canario da competición, UB La Palma, que tras perder ampliamente ante un rival aparentemente asequible (Gandía, que non se estrara todavía) comparte o derradeiro posto con Los Barrios, que desta vez perdeu ante un Melilla que vai collento aire tras comezar un 0-2. Nin isleños nin andaluces gañaron todavía e, o que resulta máis preocupante, non parecen encontrar nin o seu xogo, nin as súas señas de identidade.
Por último, Cantabria segue recuperando en casa o que perde fora. Deu fé dun Plus Pujol Lleida que se esfumou no derradeiro cuarto.


Basket CAI Zaragoza 81-88 Leite Río Breogán
Villa de Los Barrios 72-79 Melilla Baloncesto
Aguas de Valencia / Gandía 86-65 UB La Palma
Beirasar Rosalía 84-80 Palma Aqua Mágica
Ciudad de Huelva 74-80 Bruesa GBC
Alerta Cantabria Lobos 75-66 Plus Pujol Lleida
Ciudad de La Laguna 80-70 Fundació Basquetinca.com
Autocid Ford Burgos 57-82 Tenerife Rural
Alicante Costa Blanca 96-70 CB L´Hospitalet


01. Alicante Costa Blanca [4-0] (+71)
02. Beirasar Rosalía [4-0] (+19)
03. Ciudad de La Laguna [3-1] (+18)
04. Tenerife Rural [3-1] (+17)
05. Bruesa GBC [3-1] (+5)
06. CB L´Hospitalet [3-1] (-6)
07. Basket CAI Zaragoza [2-2] (+24)
08. Ciudad de Huelva [2-2] (+22)
09. Leite Río Breogán [2-2] (+15)

10. Alerta Cantabria Lobos [2-2] (+14)
11. Plus Pujol Lleida [2-2] (+7)
12. Melilla Baloncesto [2-2] (+3)
13. Aguas de Valencia - Gandía [1-3] (-5)
14. Fundació Basquetinca.com [1-3] (-20)
15. Palma Aqua Mágica [1-3] (-34)
16. Autocid Ford Burgos [1-3] (-39)
17. Villa de Los Barrios [0-4] (-38)
18. UB La Palma [0-4] (-63)


Resultados , estadísticas e clasificacións en FEB.es


Comentarios