Domingo, 14 de Outubro de 2007
BEIRASAR ROSALÍA 84-80 PALMA AQUA MÁGICA
[LEER EN CASTELLANO]
Imagen

-> Rosalía vence ao "seu primeiro grande" e segue invicto.
-> Tivo que remontar un 0-10 de saída nos primeiros 3 minutos..
-> Por contra, o 14-0 do comezo do 4º foi definitivo.


Ante un dos xigantes, sen Fontet e Dedas, cun só extracomunitario. O Rosalía segue a dar pasos de xigante cara a súa salvación, primeiro, e o que veña logo, no seu caso. A euforia segue contida no combinado galego, que se plantexa a situación coma o que segue unha conta atrás, dende 14 concretamente, os partidos necesarios, a priori, para acada-la permanencia. Traballo, ilusión, confianza e forza mental son os secretos deste equipo.
Por que onte houbo de todo esto e máis, pero moito desto último, sobretodo. Só así se explica que o equipo non se viñera abaixo tras comezar cun 0-10 de parcial, ante un equipo máis forte, que saiu enganchado o partido e puña con esa terra de por medio un camiño complicado. Pero non. O Rosalía fai tempo que non se deixa amilanar por ningunha situación. Co desparpajo de quen se sabe gañador sen nada que perder non perdei a calma, apretou en defensa cunha presión en toda a cancha que afogou o Palma (acostumbrémonos a escoitar esta frase, por que os partidos estanse a gañar, e gañaranse este ano, dende a defensa) para conseguir case devolve-lo parcial (9-2) e meterse no partido. O público, agora sí, axuda (moi boa entrada en Sar dun público, ademáis, animoso, ilusionado, que tira cando as cousas se poñen feas dun equipo que responde). E Ramsdell en plan estelar. O xogador máis barato da liga podíalle en ocasións o máis caro da mesma, un Lou Roe que firmou bos números pero que non anotaría con facilidade froito da excelente presión de Monty e máis do americano.
Tras acabar o primeiro cuarto 3 puntos por debaixo pero con moi boas sensacións, o comezo do segundo mantiña a liña e os 3 minutos o Rosalía conseguía poñerse por diante por primeira vez no partido (23-22). E chegaría a poñerse ata 5 puntos arriba (31-26, min 17). O Palma tiraba do único que o permitía manterse no partido, calidade individual e acerto exterior, para conseguir manterse no partido. O descanso, que chegaba cun 37-35 no marcador, era agradecido por un PAM que sabía que, de non frear a inercia, estaría pronto fora do partido. Pese o marcador (que non deixaba de ser de 37-25 de parcial en 14 minutos) a sensación de superioridade local era evidente.
A saída do terceiro cuarto comezaba cun gran triple de Feliu na primeira xogada. Mero espexismo. O triple era respondido por 3 consecutivos (2 de Ramsdell, 1 de Oleson). Rosalía volvía a tomar aire e pronto conseguía a, ata o momento, maior vantaxe do partido, 9 puntos, que obligaban a Tobalina a pedir tempo morto. A volta deste, Lou Roe apareceu o rescate con 8 puntos consecutivos e unha asistencia a Rejón que poñía no derradeiro descanso por diante a un Palma que tiraba de calidade individual para manterse no partido (52-53).
Pero o derradeiro cuarto foi diferente. Foi outra historia. Rosalía salía enchufado. Xa o dixen varias veces, e ídesme perdoar que insita no detalle, pero Rosalía é un equipo que non se amilana nos finais apretados (en 3 dos 4 partidos chegou o derradeiro cuarto empatado ou 1 abaixo), e o venres volveu a ser así. Presión en toda a cancha de novo, marcaxe a Roe, Montañana e Ramsdell en estado de gracia, e acerto dende tódalas posicións. Roslía marcaba un 14-0 de parcial que, desta vez sí, sería definitivo, ante un Palma Aqua Mágica que non foi quen de anotar en máis de 5 minutos (66-53, min 35). Tratou neses últimos minutos de reducir a traves dos triples e das faltas intencionadas, pero o partido non peligraría. Rosalía alcanzaba a máxima vantaxe (+16) a falta de tres, e a falta de 2 mantiña os 11 de vantaxe. Nin un espectacular 3+1 de Feliú, nin a entrada de Jackson ao grande, nin a calidade de Lou Roe, nin o mal día dende os tiros libres, nin a expulsión de Monatañana, nin a relaxación do Rosalía permitirían que en ningún momento os baleares tiveran opcións de levarse un partido cuxo resultado maquillarían ata o derradeiro segundo, ocultando así a clara superioridade local.

Pero por riba de todo, e como quedou claro, a victoria de onte foi, en realidade, cuestión de detalles.
- Detalle 1: ACTITUDE. O Rosalía mostra a mesma actitude que o levou o ascenso a pasada tempada. É un equipo que sabe a que xoga, que se gusta. Que non da nunca un partido por perdido. En Palma, a sensación é de que loitan por metas maiores que, de non mellorar pronto, non alcanzarán. Mentres que o Rosalía xógase a liga en cada partido, en Palma parece que están esperando que chegue o momento importante da tempada, sen darse conta de que xa están 1-3.
- Detalle 2: CONFIANZA. Foi clave comezar gañando en Los Barrios. Rosalía encheuse de confianza. É esto o que explica a impecable reacción do 0-10 incial. O Palma, tras un mal comezo de tempada, perdeuna. Cando o Rosalía subiu dos 10 puntos, o partido rematou.
- Detalle 3: EQUIPO. Selo ou non selo, iso é a cuestión. Lou Roe cobra tanto coma todo o plantel do Rosalía. Pero todo o plantel do Rosalía xoga coma se fose un. A conxunción é máxima e ése é o gran segredo do éxito. Mentres o Palma siga encomendándose a calidade individual exclusivamente, Rosalía seguirá sendo superior.
- Detalle 4: IMPLICACIÓN, COMPROMISO. Notouse nos bancos. Dedas mesmo calentou e mostrouse disposto a votar unha man se facía falta. Fontet estaba escaiolado, pero dende o banco foi un máis do equipo. A Kornegay, sen embargo, dende o seu banco, víaselle coma se, no fondo, o partido non fose con él. É só unha mostra da diferencia.
- Detalle 5: ADESTRADOR. Fai xa 3 anos que o Rosalía deuse conta de que os éxitos consiguense co bloque e dende o banco. Manter a Félix Muñoz e votar a Todd Fuller (un dos xogadores con maior calidade individual que pasou por Santiago pero con nulo compromiso) foi unha declaración de intencións que segue a manterse. Félix soupo ler o partido en todo momento e levalo o seu terreo. Tobalina actuou coma pouco máis que un alineador.
- Detalle 6: DEPENDENCIA. Nin que dicir ten a Lou-dependencia dos baleares. Cando Roe fai un partido non xa malo, senón simplemente regular-bo, o equipo ten complicado gañar. No Rosalía non estivo o 100% Oleson, fallou Legasa e un Bobb que estaba espectacular fixo un partido pésimo. Pero neste equipo, cando falla un, aparece outro, e cando non (coma en varios momentos do partido de Inca), o bloque consegue enche-lo oco a perfección.
- Detalle 7: AFECCIÓN. O partido gañouse na cancha, pero gran parte da reacción ao 0-10 chegou dende o público, cada vez máis numeroso (e en claro aumento) e sempre disposto a apoiar o equipo, e coa peña Inferno Azul dirixindo a orquestra. De seguir así, Sar (pese a todo, un pavillón demasiado grande) convertirase nunha cancha complicada.

- ESTADÍSTICAS (FEB).
- Videoresumen TVG (Telexornal)


Crónicas do partido:
- EL CORREO GALLEGO: El Beirasar se doctora con una victoria de prestigio en Sar
- ÚLTIMA HORA DIGITAL: El Aqua Mágica no se levanta
- DIARIO DE MALLORCA: Cómo perder en cinco minutos
- SOLOBASKET.com: Rosalía y La Laguna derrotan a los baleares.
Publicado por fibergran @ 8:09  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios