Venres, 12 de Outubro de 2007
Imagen


Chega a cuarta xornada de liga, segunda en Sar, nunha immellorable posición para o Rosalía, con 3 victorias en outros tantos partidos e a moral máis alta que nunca. Bueno, inmellorable, non. As lesións de Fontet e Dedas, e as complicacións na contratación do 4 americano que sustitúa a Chros Copeland, fan que o conxunto chegue en cadro, só con 9 xogadores, e tendo en conta que Tony Binetti aínda non está totalmente acoplado o xogo do grupo.
En fronte, Palma Aqua Mágica, un dos equipos con maior presuposto da categoría, creado exclusivamente para loitar polo ascenso con garantías. Non en vano, poderemos ver en Sar a unha das grandes atraccións da categoría, o pivote Lou Roe. Máis dificil será saber se debutará Chuck Kornegay, que aínda chegou esta misma semana á isla. Por contra, as cousas non parecen ir todo o ben que esperaban en Mallorca. O conxunto ocupa a parte baixa da táboa, só con unha victoria, tras gañar in-extremis a Gandía e vindo de recibir sendos serios correctivos nos dous partidos "da súa liga", ante Tenerife e Alicante. A ansiedade podería comezar a pasar factura nun equipo excesivamente dependiente de Lou Roe. O Rosalía tratará de aproveitar esto para conseguir un partido que se presentaba a principio de temporada coma mesmo imposible.

Enfrontamentos previos

Nunca se encontraron, coa actual denominación do clube, Rosalía e Palma Aqua Mágica. Non obstante, sí se encontraría o Rosalía fai anos, na LEB-2, co Alcudia Aracena, que unha tempada máis tarde vendería a praza o conxunto coa actual denominación e localidade. Naquela ocasión Rosalía e Aracena vivirían situacións dispares: mentres que Rosalía vivía a máis complicada tempada da súa historia, salvando a categoría nun dramático play-out ante Rayet Guadalajara, o Alcudia remataba quinto clasificado e conseguía, tras un excepcional play-off no que deixaba apeado a Pozuelo e Autocid Burgos, o pase a liga LEB no que Alcudia, coma tal, nunca xogaría. O ascenso fixo que a capital balear se interesase pola plaza LEB e, co apoio do parque recreativo Aqua Mágica, diseñaría un equipo solvente que conseguiría no seu primeiro ano en LEB chegar os play-offs. O seguinte ano, é dicir, a pasada tempada, PAM diseñaba un equipo para o ascenso, coa contratación de Lou Roe na segunda volta, pero quedaba apeado en cuartos tras unha irregular tempada. Este ano o obxectivo é o mesmo, e non se aforraron esforzos (económicos), para conseguilo.
TEMPORADA 2004-2005 (LEB2)
Noyastar Rosalía 85-96 Alcudia Aracena
Alcudia Aracena 103-74 Noyastar Rosalía

ESTADÍSTICAS TEMPADA (FEB.es):

- BEIRASAR ROSALÍA (3º clasificado; 3-0 /// 71.7 pts a favor; 66.7 pts en contra, 27.3 rebotes por partido)
- PALMA AQUA MÁGICA (15º clasificado; 1-2 /// 70.3 pts a favor; 81 pts en contra, 27.0 rebotes por partido)


Pavillón: Multiúsos Fontes do Sar
Hora: Venres 12, 21:00

Radio: Imagen (106.1 FM)
TV: Imagen CorreoTV DIFERIDO (Sábado 15:30, por confirmar)
Internet: Imagen (Cuarto a cuarto)
Publicado por fibergran @ 1:30  | Previas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios