Xoves, 11 de Outubro de 2007
Imagen

Malas novas para o Rosalía. Tralo gran comezo de tempada que estaban a facer os homes de Félix Muñoz, chegan os primeiros contratempos en forma de lesións, que xa afectaran os santiagueses durante a pretempada.
O caso máis preocupante é sen dúbida o de Albert Fontet. O pivote valenciano sofriu unha rotura do metacarpiato no dedo índice da man dereita durante un adestramente. Pese a que nun principio non parecía ser tan preocupante, finalmente o diagnóstico confirmou a lesión e terá que ser operado. A situación é especialmente grave pola falta de efectivos interiores dos composteláns. Só dous pivotes puros (Legasa e Montañana) e un ala-pivot exterior (Ramsdell) quedan para afrontar as vindeiras xornadas tralos cortes de Copeland e do seu sustituto Beasley (agora a proba co Gestibérica Vigo).
Menos grave resulta a lesión de Georgios Dedas, que xa viña arrastrando. O seu rendemento estaba a ser moi inferior o esperado polas molestia que sofría no seu menisco. Finalmente non poderá xogar ante Palma e non se descarta a intervención quirúrxica, se ben en principio ése optimista. En calqueira caso, e tendo en conta que toda fichaxe é preocupante, a recente fichaxe dun home exterior coma Binetti fai que o equipo, probablemente, note menos a lesión que a do seu compañeiro.
Publicado por fibergran @ 21:03  | Novas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios