Xoves, 11 de Outubro de 2007
Chegaba, na xornada 3, o primeiro gran choque de trenes na LEB Ouro, en Illumbre. Tras un primeiro tempo de dominio maño, o Bruesa facía un gran segundo tempo, encabezado unha vez máis por Andy Panko, para levarse o final unha cómoda victoria e deixar clara a súa candidatura. O outro recén ascendido, Alicante, tamén comeza forte e cunha autoritaria victoria ante un Palma que non encontra o seu xogo e lidera a categoría xunto con Beirasar e Hospitalet. Tan impresionante o dos cataláns coma o dos galegos, os dous presupostos menores da LEB. Coma xa sabemos, Inca sería a víctima dos santiagueses. A do Hospi sería desta vez o campión da pasada Liga Regular, o Alerta Cantabria. Precisamente comandado polo ex-mister dos cataláns, Mateo Rubio, o Cantabria parecía sentenciar no terceiro cuarto, pero Hospi culminaba unha impresionante remontada que non rematou ata a prórroga. Axustado tamén o duelo na cumbre que protagonizaban Tenerife e Huelva, con victoria do Tenerife dun gran Barbour.
Por abaixo chegan as primeiras urxencias, campeadas no caso do Breogán, que respira e afunde a Los Barrios, e de Melilla, a costa da primeira derrota do recén chegado Canarias cunha excepcional actuación de Southall, frouxo en Santiago hai unha semana. Gandía tamén comeza a preocuparse trala súa derrota en Lleida, e a La Palma escapoulle a primeira victoria da tempada na prórroga ante Burgos, nun duelo onde o que non puntuara veríase no fondo da clasificación.

Leite Río Breogán 71-59 Villa de Los Barrios
Melilla Baloncesto 84-68 Ciudad de La Laguna
Fundació Basquetinca.com 59-64 Beirasar Rosalía
Palma Aqua Mágica 66-83 Alicante Costa Blanca
CB L´Hospitalet 88-85 Alerta Cantabria Lobos
Plus Pujol Lleida 84-71 Aguas de Valencia / Gandía
UB La Palma 104-107 Autocid Ford Burgos
Tenerife Rural 96-92 Ciudad de Huelva
Bruesa GBC 93-83 Basquet CAI Zaragoza


01. Alicante Costa Blanca [3-0] (+45)
02. CB L´Hospitalet [3-0] (+20)
03. Beirasar Rosalía [3-0] (+15)
04. Basket CAI Zaragoza [2-1] (+31)
05. Ciudad de Huelva [2-1] (+28)
06. Plus Pujol Lleida [2-1] (+16)
07. Ciudad de La Laguna [2-1] (+8)
08. Bruesa GBC [2-1] (-1)
09. Tenerife Rural [2-1] (-8)

10. Leite Río Breogán [2-1] (+8)
11. Alerta Cantabria Lobos [1-2] (+5)
12. Melilla Baloncesto [1-2] (-4)
13. Fundació Basquetinca.com [1-2] (-10)
14. Autocid Ford Burgos [1-2] (-14)
15. Palma Aqua Mágica [1-2] (-30)
16. Aguas de Valencia - Gandía [0-3] (-26)
17. Villa de Los Barrios [0-3] (-31)
18. UB La Palma [0-3] (-42)


Resultados , estadísticas e clasificacións en FEB.es
Comentarios