Xoves, 11 de Outubro de 2007
FUNDACIÓ BASQUETINCA.COM 59-64 BEIRASAR ROSALÍA
Imagen

-> A defensa, excelente, tapou a Terrell e Hamilton e impediu posicións cómodas.
-> Montañana segue a progresar e foi o millor do partido.
-> Os composteláns son líderes, só igualados por Alicante e L´Hospitalet.


Impresionante. O Rosalía segue a sorprender a propios e estranos coa súa volta a LEB Ouro e tras xa 3 xornadas conta tódolos partidos por victorias. Firma así, o conxunto colexial, non só o seu millor arranque na LEB da súa historia, senón tamén o millor arranque na historia da liga dun recién ascendido, igualando a marca de Bilbao Basket (2003) e CB Valls (2005). Desta vez, a víctima sería o Basquet Inca, precisamente o equipo que o alexou da categoría fai 5 tempadas tras un disputadísimo play-out.
O partido xa comezaba beneficiando claramente os intereses galegos. Sabedor de que os baleares móvense cómodos nun ritmo alto, desordenado, moi anotador, Félix Muñoz deseñou dende o primeiro minuto un modo de contrarrestar e romper. Pronto o Rosalía facíase dono do tempo do partido e o levaba o terreno onde quería. O Inca estrelábase coa defensa galega e non conseguía anotar con facilidade, o Rosalía conseguía tomar as primeiras vantaxes do partido para chegar o primeiro descanso con 14-16 tras unha canasta sobre bocina de Terrell.
No segundo tempo o Rosalía conseguía, por primeira vez, escaparse dun modo claro no marcador. A zona-press de Félix Muñoz seguía a facer estragos nun Inca que cada vez se motraba máis nervioso, pero arriba o Rosalía, pouco a pouco, ía encontrando aro. Así chegaría a maior renta do partido a falta de 2 minutos para o descanso (24-32), reducidos a 6 no descanso (29-35).
Sen embargo, a charla de Abós pareceu servir de algo no cadro local. O Rosalía non encontraba modo de marcar agora, e o conxunto inquer, sen embargo, sí conseguía pouco a pouco ir rompendo a defensa compostelá. 8 puntos en menos de 30 segundos (triple, roubo no saque, 2+1, e novo roubo con canasta) para pechar un parcial de 14-2 daban a volta a un partido que ameazaba con romperse de seguir esta inercia (42-45, minuto 28). Sen embargo, na seguinte xogada, Curtis Bobb conseguía un espectacular triple que igualaba e daba tranquilidade a un Rosalía que se estaba a mostrar moi acelerado. Tras un intercambio de canastas chegabase o derradeiro cuarto con 49-49 tras unha acrobática canasta de Bobb sobre bocina.
E non era mala noticia para Rosalía. Ben é certo que tivera o partido na man, pero non é menos certo que parecía que podía escaparselle definitivamente. Pero o Rosalía é un equipo que, froito da fortaleza mental e da confianza que da un debut coma este na categoría, non se amilana en situacións apretadas. O contrario, unha vez máis, o Rosalía deu o millor de sí no momento máis necesario. Oleson e Bobb afinaban a puntería e facían dano dende o perímetro, Legasa conseguía canastas en momentos clave e Montañana brillaba por riba de todos facéndose o rei do rebote neste cuarto, conseguindo tamén canastas claras. O Hospitalet volvía a non encontrar a un Terrell ben tapado e os seus exteriores seguían a mostrar problemas para anotar, e incluso para intentalo. Rosalía ía gañando a partida pouco a pouco nun partido que parecía imposible que se escapase. Así foi, e o Rosalía poderá recibir os tamén mallorquíns do Palma Aqua Mágica de Lou Roe coma colider da Adecco LEB Ouro.

- ESTADÍSTICAS (FEB).

- Videoresumen TVG (Telexornal)
- Videoresumen ZonaBasket (FEB)


Crónicas do partido:
- EL CORREO GALLEGO: El mejor Beirasar de la LEB encadena su tercer triunfo en Inca
- ÚLTIMA HORA DIGITAL: El Inca se suicida desde el perímetro
- DIARIO DE MALLORCA: El Inca se estrella en la defensa del Rosalía
- SOLOBASKET.com: Rosalía sigue sorprendiendo.
- DIARIO EQUIPO: Los novatos toman el asalto de la liga.
Publicado por fibergran @ 8:32  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios