Xoves, 11 de Outubro de 2007
BEIRASAR ROSALÍA 76-72 MELILLA BALONCESTO
Imagen

-> A arma preferida, o lanzamento de 3, saliu cruz (4/17), pero o equipo sobrepúxose cunha maior aportación do xogo interior.
-> Importante mellora no plano reboteador. Os pivotes melillenses, teóricamene máis potentes, so acadaron un máis.
-> O Melilla fallou ata 15 tiros libres (8/23), que resultaron claves o final.


Imposible millor comezo de tempada. 2 de 2, coa importancia engadida de haberense conseguido estas dúas victorias con recursos ben diferentes. Tralo estupendo comezo de tempada en Los Barrios chegaba o momento de estrarse na casa ante outro clásico da tempada. De feito, o Melilla Baloncesto é o decano da categoría, desputando tódalas edicións da misma.
O partido comezaba frío na cancha e nas gradas. Pouco antes de comezar o partido o Multiúsos Fontes do Sar presentaba unha pobre entrada, que recordaba demasiado a tempadas anteriores. Sen embargo, o goteo de público era continuo ate case o final do primeiro cuarto (influído, tal vez, polo feito de que a meirande parte dos abonos foron feitos nesta xornada, co lóxico "papeleo" que retrasaba a entrada o partido) e, finalmente, rexistrábase unha entrada realmente positiva, que doblaba a habitual da pasada tempada, liderada, coma sempre, pola Peña Inferno Azul.
Na propia pista de xogo o acontecido neste primeiro cuarto sería unha analoxía do comentado antes. O Rosalía tardou en entrar no partido. Con só tres minutos xogados, o Melilla tomaba xa unha vantaxe de 6 puntos (3-9) e ameazaba con escaparse xa nada máis comezar, o Rosalía non encontraba canasta e só un triple de Oleson o mantivo con vida. O reaxuste defensivo de Félix Muñoz e a maior eficacia en ataque facían que en pouco máis de un minuto o marcador puxera xa un 9-11 tranquilizador. Ate o final do primeiro cuarto o Rosalía conseguía manter a inercia para irse o descanso deste primeiro parcial con victoria momentanea por 18-15.
E no segundo tempo, o Rosalía mostrábase intratable e conseguía sacar xa as primeiras rentas importantes. Un 11-3 de salida poñía no electrónico de Sar ao Rosalía coa maior vantaxe do partido, 11 puntos (29-18, que se repetiría logo, 31-20), e obligaba a Paco Olmos a pedir tempo morto para frear a sangría. E vaia se o conseguiu, os visitantes devolvían o parcial cun 0-10 que os metía de cheo no partido (31-30), e obligaba a Félix Muñoz, esta vez, a pedir outro tempo. Legasa había feito, ademáis, xa, a súa terceira falta. A súa volta o partido relaxouse, con lixeira superioridade local que chegaba ao descanso con 37-33, tras errar en 2 oportunidades a derradeira posesión.
A igualdade máxima foi a máxima do segundo tempo do partido do venres. Rosalía mantiña a vantaxe no marcador pero en ningún momento conseguía rompe-lo partido (estivo a piques, cando chegou a unha vantaxe de 9). O contrario, os derradeiros minutos do terceiro cuarto foron dunha certa sensación de superioridade melillense, que pese a todo non se poría por diante ata a derradeira posesión do 3º periodo, cunha penetración de Xavi Valmajó.
Por tanto, todo se ía decidir, finalmente, no cuarto final. O Melilla tiraba dos triples de Romero e Gloger, e da superioridade de Southall baixo os aros, pero o Rosalía aguantaba e respondía cunha forte defensa e cos latigazos de Bobb e Oleson. Montañana e Fontet mostrábanse ademáis máis acertados na faceta reboteadora. Así, as bazas locais funcionaron millor (e a boneca de Southall dende os tiros libres, pero ca nunca), e o Rosalía conseguía chegar os últimos 80 segundos con 5 de vantaxe. O Melilla chegaba a achegarse a 2 puntos cunha tripla de Gloger a falta de 5 segundos, pero Boyd aseguraba os dous tiros e con eles, a victoria. O Rosalía aínda non coñece a derrota en LEB Ouro e viaxará a Inca con dúas caras novas para tratar de conseguir enganchado a zona noble unha semana máis.


- ESDÍSTICAS FEB

- Videoresumen TVG (Telexornal)


Crónicas do partido:
- EL CORREO GALLEGO: Emoción, agonía y... victoria
- MELILLA HOY: El Melilla tampoco se estrena frente al Beirasar Rosalía
- INFOMELILLA.com: El recién ascendido Rosalía derrotó a un Melilla Baloncesto que lo intentó hasta el final
- FEB.es: Seis imbatidos en la Adecco LEB Oro
- SOLOBASKET.com: Los recién ascendidos, imparables.
Publicado por fibergran @ 8:31  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios