Xoves, 11 de Outubro de 2007
VILLA DE LOS BARRIOS 69-75 BEIRASAR ROSALÍA
Imagen

-> O equipo demostrou un perímetro excelente, con especial acerto dende o lanzamento de 3 puntos (10/20).
-> Oleson (máximo anotador da xornada) e Bobb, os máis destacados.
-> Os rebotes son o único número no que os galegos foron superados


Non podía comezar millor a volta a categoría de prata do basket nacional, 4 anos despois, para o Beirasar Rosalía. Nunha cancha sempre complicada, ante un dos clásicos da categoría, o Rosalía tirou de xogo exterior e férrea defensa para levarse o primeiro partido da tempada.
Só nos primeiros minutos do partido o control pertenceu ao conxunto andaluz, que perdería enteiros a medida que pasaban os minutos e coa entrada no banco do internacional portugués Gomes da Silva. Tras un comezo titubeante, o Rosalía conseguía frear a un Villa de Los Barrios que se estreaba contra a súa forte defensa (un aspecto aparentemente floxo en algúns xogadores, a priori, pero moi ben traballado e que xa comeza a da-los seus frutos) e o primeiro cuarto remataba co resultado de 14-17. O comezo do segundo tempo foi fulgurante para os colexiais, que antes da primeira canasta local eran quen de poñerse 10 puntos por riba. Esta vantaxe mantíñase sen grandes turbulencias e chegábase o descanso con 28-39 no marcador.
O Rosalía non baixou a guardia na saída do terceiro cuarto pero cerca do final o conxunto local conseguía limita-la diferencia aos 5 puntos, respondido cunha gran serie que poñía, a falta de un cuarto por xogarse, o marcador en 44-56. O último cuarto non tería resposta eficiente local, o Rosalía mantivo as distancias ata os derradeiros minutos e, en ningun caso, o conxunto gaditano foi quen de achegarse a máis de 5 puntos.
- ESDÍSTICAS FEB

- Videoresumen TVG (Telexornal)



Chris Copeland xogará en L´Hospitalet

Finalmente decidiuse cortar o americano Chris Copeland, por motivos económicos e deportivos (buscase un 4 interior que aporte máis o rebote que o americano). O xogador competirá esta temporada, alomenos temporalmente, no CB L´Hospitalet ate que se solucione o caso Ibaka.



Os abonos, entre 12 e 30 Euros

Finalmente Rosalía decidiu poñer os abonos a prezos moi populares coa idea de meter a maior xente posible no Sar. O abono infantil (12-16) será de 12 €, de 15 o xuvenil (ata 25 anos) e de 30 Euros o abono senior. Un verdadeiro regalo que os sitúa coma os máis baratos da categoría.


Crónicas do partido:
- EL CORREO GALLEGO: El Beirasar no quiso esperar y se estrenó con triunfo en la LEB
- SOLOBASKET.com: Rosalía sorprende a domicilio
Publicado por fibergran @ 8:30  | Crónicas
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios