Xoves, 11 de Outubro de 2007
Imagen

BASES:

Imagen
Flinder Boyd
[LEB2: 26.1 min, 8.8 pts, 2.3 ast, 8.7 val]

Un dos supervivientes do ano pasado, cando compartiu o posto con Fede Bavosi. Millor director de xogo que lanzador, o xogador comunitario xogará un papel importante no aspecto defensivo.

Imagen
Nick Moore
[Cajarioja LEB 2: 28.8 min, 12.8 pts, 2.9 ast, 2.6 reb, 11.4 val]

Procedente de Cajarioja, onde cuajou unha excelente tempada, de menos a máis. Bo lanzador e polivalente en ataque, terá esta tempada pasaporte comunitario. Félix Muñoz terá tamén traballo con él en defensa.

Imagen
Toni Binetti
[LEGA DUE, estatísticas non dispoñibles]

Chega coa tempada xa comezada pero tralo segundo partido xa se adivina un home de calidade. Vello coñecido de Brad Oleson (foron as dúas grandes estrelas do seu equipo na NCAA2), o base italo-americano defende moi forte, preto da falta, ven a cubrir unha das peticións de Muñoz, un plantel con 3 bases que o permitan máis opcións ofensivas. É ademáis un excelente lanzador o que o permite xogar sin problemas na posición de escolta.

ESCOLTAS:
Imagen
Brad Oleson
[LEB2: 30 min, 14 pts, 3.5 reb, 1.9 ast, 15.1 val]

O gran descubrimento do Rosalía, fai xa 3 anos. Procendente da NCAA2 mostrouse coma o líder absoluto do equipo dende a súa chegada. A tempada pasada volveu a alcanza-lo seu millor nivel preto dos play-offs tras unha inoportuna lesión. Pese a ser a súa primeira tempada en LEB1, é unha aposta segura.

Imagen
Curtis Bobb
[WBC Kraftwerk Wels AUSTRIA: 31.3 min, 15.6 pts, 4.2 reb, 1.8 ast]

O derradeiro fichaxe do Rosalía, gran lanzador, con pasaporte austríaco. Xa dende os primeiros partidos demostrou o por qué das súas boas referencias. Ademáis, a súa gran capacidade de salto permítelle axudar incluso na faceta reboteadora.

ALEROS:

Imagen
Georgio Dedas
[Breogán LEB: 27 min, 9.8 pts, 3.5 reb, 8.4 val]

O grego é o único xogador do plantel que provén de modo directo da liga LEB (aínda que tamén Montañana e Legasa xogaron nela). Cuajou bos números en Lugo, onde os 3 entrnadores concordaron en darlle minutos. Lanzador puro, pero mal penetrador, terá que mellorar tamén en defensa.
Imagen
Camilo Riveiro
[LEB2: 18.1 min, 6.9 pts, 3.9 reb, 6.8 val]

Outro dos vellos coñecidos. Pese a non completar grandes números, sempre se mostrou coma un home importante nos esquemas de Muñoz. Encargado do traballo "sucio", dos intanxibles. Este ano, aparentemente, retrasará a súa posición, tras ocupar moitos minutos coma 4 o pasado ano.

Imagen
Sandi Cebular
[Union Olimpija LNB-ABA: 16.1 min, 5.8 pts, 1 rebt, 3 val]

Chega ó Beirasar Rosalía en Decembro, debido principalmente ó importante número de baixas do equipo, especialmente a de Brad Oleson. Home de tan só 21 anos, e xa internacional con Eslovenia (aínda que sin apenas minutos), é considerado no seu país unha das grandes promesas de futuro, pese a que non conseguiu ter minutos no Olimpija.

ALA-PIVOTS:
Imagen
Charles Ramsdell
[Tulsa Univ. NCAA1: 6.5 pts, 4.2 reb]

É o xogador máis barato da liga, tralo seu descubrimento nun campus de Alemaña. O seu comezo de tempada é ilusionante. Ofensivamente un todoterreo, non ten medo a lanzar dende ningunha posición. Xoga máis cómodo cara afora que na pintura, o que, coa chegada de Edwards e a sobrepoblación de pivotes é positivo.

PIVOTS:

Imagen
Rogelio Legasa
[LEB2: 25 min, 11.15 pts, 4.65 reb, 11.32 val]

O capitán, un xogador veterano con experiencia na categoría. Clave nas dúas últimas temporadas, de envergadura e boa capacidade reboteadora.

Imagen
M.A. Monañana
[CAI Huesca LEB2: 31.9 min, 13.9 pts, 6.7 reb, 18.2 val]

O millor xogador nacional da LEB2, protagonista absoluto do conxunto aragonés a pasada tempada, volve a LEB Ouro, categoría por onde pasou sen demasiadas oportunidades en Ourense, con ganas de resarcirse. O pivote que freou a Tractor Traylor, en Santiago.

Imagen
Albert Fontet
[Pamesa UPB EBA: 29 min, 13 pts, 7.7 reb, 15.8 val]

A aposta de futuro e o teito do equipo (2.13), compaxinou o pasado ano a tempada do Pamesa Valencia en ACB, onde desputou poucos minutos, coa do UPV de EBA onde foi peza clave. Da o salto a categoría de prata coa intención de facerse un oco. Os seus 2.13 son axuda, aínda que hai dúbidas pola súa pouca envergadura.

Imagen
Corsley Edwards
[06/07 (Banvit Kulübü TURKIA): 10 part, 15.9 min, 5.4 pts, 2.5 rbt.]
[07/08 (Granada ACB): 4 partidos, 22 min, 9 pts, 3.3 rbt, 11.5 val.]

Tardou en chegar, fixoo xa con cinco xornadas desputadas, pero promete ser o gran referente interior do equipo. Tras rendir moi ben en Granada no seu contrato para suplir a Brochardt, sendo incluso o gran artífice no primeiro deles. Bo reboteador, atlético e rápido, e en gran estado de forma tralo seu paso pola ACB, o americano tratará de demostrar a afección que valeu a pena esperar.
Publicado por fibergran @ 8:29  | Plantel
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios